Carya illinoinensis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nogueira pecán
Vista xeral da árbore.
Vista xeral da árbore.
Estado de conservación
Non ameazado
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Fagales
Familia: Juglandaceae
Subfamilia: Juglandoideae
Tribo: Hicorieae
Xénero: 'Carya'
Sección: Apocarya
Especie: 'C. illinoinensis'
Nome binomial
''Carya illinoinensis''
(Wangenh.) K.Koch, 1869
Carya illinoinensis map.png

Inflorescencia masculina pénsil.
Noces de pecán enteiras, en dehiscencia incipiente e aberta.
Noz pecán enteira.
Anatomía interna dunha noz aberta.
Noz aberta sen a súa semente, evidenciando restos do tabique principal de separación inter-cotiledóns e o tabique duplo parcial perpendicular ao cotiledón.
Noz de pecán: trima aberta sen o seu epicarpo nin mesocarpo, cun dos dous cotiledóns da semente in situ no seu endocarpo pétreo e o outro separado e solto.

Carya illinoinensis, chamada nogueira pecán[1] é unha especie do xénero Carya, na familia Juglandaceae (familia á que pertence tamén a nogueira común). O seu froito é comestíbel e recibe o nome de noz de pecán.

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore caducifolia e monoica que pode superar os 40 m de altura, de casca cinsenta clara ou parda e cuberta de escamas ou exfoliacións laminares. As follas, imparipinnadas, xeralmente glabras ou con pelos simples curtos, miden 40-70 cm e teñen 7-17 folíolos peciolados ovalo-lanceolados, habitualmente falcados, de 2-16 por 1-7 cm, de ápice agudo, base asimétrica e marxe finamente aserrada. Os amentos (candeas) pénsiles masculinas están compostos por numerosas flores con estames escasamente pilosos e miden uns 20 cm de longo co rabo cuberto de tricomas glandulares. Inflorescencias femininas en espigas terminais pauciflores. Froito drupáceo en trima (drupa involucrada) de cor marrón, ovoide-elipsoide, non comprimido, de 2-6 por 1,5-3 cm con involucro áspero de 3-4 mm de espesor, dehiscente case até a súa base en 4 valvas. A noz, indehiscente, ten cor exterior canela, coa superficie macía e brillante, asucada por riscos lonxitudinais anastomosados pouco marcados e de cor máis clara; ten forma ovoide, casca de espesor milimétrico e 4-5 costelas de pouco relevo e que non se corresponden cos tabiques internos, mais coas suturas de dehiscencia da envoltura da noz (mesocarpo e epicarpo, ou sexa o nauco[nota 1]). Arrodea unha semente sen endospermo, engurrada e lobulada, de cor parda clara con tons dourados e finamente puntuada de marrón máis escuro, con 2 sucos lonxitudinais separados por unha crista e que corresponden a un tabique duplo, moi incompleto, perpendicular ao tabique principal completo, de consistencia pergaminoide, que separa os dous cotiledóns.[3][4][5]

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

  • Nota: a distribución orixinal non é clara, por mor ao seu intenso cultivo dende épocas remotas.

Sería unha especie nativa do sueste dos Estados Unidos (Indiana [sur e leste] Illinois, Iowa [sueste], Kansas [sueste], Missouri, Oklahoma, Arkansas, Kentucky [oeste], Louisiana, Mississippi [oeste], Tennessee, Texas) e México (Coahuila, Nuevo León, Tamaulipas, Guanajuato, Xalisco, Oaxaca, Veracruz). Introducida en Malta e leste dos Estados Unidos e cultivada en África do Sur, Acerbaixán, China, Australia, Ucraína, Brasil[6]e outros países de América do Sur. Por exemplo, na Arxentina foi introducida dende os Estados Unidos a finais do século XIX polo presidente Domingo Faustino Sarmiento, para elevar a produción das illas do Delta do Paraná. No Perú foi levada durante a época do virreinato.

O seu hábitat natural nos seus países de orixe sitúase ao longo dos ríos, as chairas de alagamento e em solos ben drenados. Florea na primavera en altitudes comprendidas entre o nivel do mar e os 600m, excepcionalmente 1000m,[3]

No sur de España, semella que comeza a se naturalizar nalgunhas zonas da Alpujarra granadina e maila Axarquía almeriense.[7]

Propiedades e usos[editar | editar a fonte]

Medicinais[editar | editar a fonte]

Alimenticios[editar | editar a fonte]

Composición nutricional (/100g)[editar | editar a fonte]
Usos gastronómicos[editar | editar a fonte]
  • A noz pecán pode ser consumida fresca ou ser utilizada na cociña, especialmente en repostaría, mais tamén en pratos de moito sabor: úsase en recheos, pans de noces ("panque de nuez" en México[10]), xeados e pratos de verduras salgadas. Unha das sobremesas máis coñecidas coa noz pecán coma ingrediente principal é o pastel coñecido coma «pecan pie» dos Estados Unidos.
  • Un leite doce, "pawcochiccora", obtido ao ferver as sementes úsase para facer doces e cociñar entre os indios americanos.[11]
  • Os indios Comanches usábana, ademais de fins medicinais, coma alimento, en particular durante o inverno.[8]
  • No Perú son moi sonados os doces recheos deste froito: "teja", "chocoteja".

Outros usos[editar | editar a fonte]

  • A madeira, vermella, escura, pesada, dura mais elástica, usábase para facer apeiros agrícolas, mobles, esquís, arcos e paus de golf.[11]

Produción[editar | editar a fonte]

Estados Unidos, ademais de ser o lugar de orixe da nogueira pecán, é tamén o maior produtor mundial, acaparando máis do 60% da produción anual (2012-2013).

Principais produtores (estimacións campaña 2012-2013 - en toneladas, con casca)[12]
TOTAL mundial: >257.870

Nota: "outros países" inclúe á Arxentina, Brasil, China, Israel, Perú,...

Exemplar senlleiro en Galiza[editar | editar a fonte]

A nogueira pecán do Pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña) figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galiza.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Carya illinoinensis foi descrita por Wangenh. coma Juglans illinoensis en Beitr. Forstw. Nord-Am. Holz., 54, t. 18, fig. 43 en 1787 -e que é o basiónimo- e atribuído despois ao xénero Carya por K.Koch e publicado en Dendrologie, 1, p. 593 en 1869 como Carya illinoënsis.[4]

Sinónimos

Híbridos[editar | editar a fonte]

A especie hibrida con:

Nome común[editar | editar a fonte]

Distribución coma alimento.
  • Nota: O vocábulo "pécan", e todos os seus derivados, é unha verba de orixe algonquino[14]: por exemplo o Cree Pakan, o Ojibwa pagan ou o Abenaki Pagann, que significa "cuncha dura".[15]
Árbore[editar | editar a fonte]
  • Nogueira pecán
  • Nogueira americana
  • Nogueira de Illinois
  • Nogueira pacaneira
  • Pacán
  • Pecadeiro
  • Pacaneiro
Froito[editar | editar a fonte]
  • Noz casca de papel (en México, para diferenciala da noz da Nogueira europea)
  • Noz de pacana
  • Noz pecaneira
  • Noz pacana
  • Noz pecán
  • Noz pacá
  • Noz pecá
  • Noz americana
  • Noz de Illinois
  • Pacán
  • Pacá
  • Pecán
  • Pecana[4]

Trivial[editar | editar a fonte]

La especie es el árbol emblema oficial del estado de Texas.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ningún dicionario galego recolle o nome vulgar actualmente, porén é unha especie que soe ter nomes vulgares en todas as lingua romances, incluíndo o portugués, no que se denomina nogueira-de-pecã ou pecan. Mentres non apareza o nome vulgar galego nunha publicación, manterase o nome científico coma entrada no artigo
  2. Louis Claude Marie Richard, Démonstrations botaniques ou analyse du fruit consideré en géneral, Ed. Gabon, Paris, 1808
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Carya illinoinensis en Flora of North America
  4. 4,0 4,1 4,2 Carya illinoinebsis en Flora Ibérica, RJB/CSIC, Madrid
  5. Carya illinoinensis en Flora of China
  6. Carya illinoinensis en USDA-GRIN Taxonomy for Plants, consultado 19 de novembro de 2013
  7. Blanca G., Cabezudo B., Cueto M., Salazar C. & Morales Torres C. (2011, eds.). Flora Vascular de Andalucía Oriental. 2ª Edición corrixida e aumentada, páx. 926
  8. 8,0 8,1 Carlson, Gustav G. and Volney H. Jones, Some Notes on Uses of Plants by the Comanche Indians. Papers of the Michigan Academy of Science, Arts and Letters 25:517-542(p. 520), 1940; Vestal, Paul A. and Richard Evans Schultes The Economic Botany of the Kiowa Indians. Cambridge MA. Botanical Museum of Harvard University, 1939(p. 20) Native American Ethnobotany, A Database of Foods, Drugs, Dyes and Fibers of Native American Peoples, Derived from Plants, Universidad of Michigan-Dearborn, consultado 19 de novembro de 2013
  9. Camilla Pecans, Nutrition & Health Benefits.
  10. Boletín Pecanero, 2, nº 51, Chihuahua, 2012
  11. 11,0 11,1 "Carya illinoinensis". Plantas útiles: Linneo. http://www.plantasutiles.info/plut.html. Consultado o 23 de novembro de 2009.
  12. Pecan - YS Trading Comp.
  13. Carya illinoinensis en The Plant List, nov. 2013
  14. Diccionario de la lengua española (DRAE), ed. 22, 2001
  15. Pérez P., Delicias de la comida prehispanica y mexicana

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carya illinoinensis Modificar a ligazón no Wikidata
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Carya illinoinensis

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  1. CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Cidade de México.
  2. Flora of China Editorial Committee. 1999. Flora of China (Cycadaceae through Fagaceae). 4: 1–453. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  3. Manning, W. E. 1949. The genus Carya in Mexico. J. Arnold Arbor. 30: 425–432.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/> correspondente ou falta unha etiqueta </ref> de peche