Carthamus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carthamus tinctorius, inflorescencias.
Carthamus arborescens, inflorescencia.
Cipselas heteromorfas de C. lanatus; as sen papo son as periféricas.

Carthamus é un xénero botánico na familia Asteraceae cuxas especies coñécense co nome común de cártamo. Son plantas orixinarias de Asia e o mediterráneo. Contén unhas 50 especies aceptadas.[1][2] En Galicia atopamos dúas: unha brava: o cártamo silvestre e unha cultivada: o cártamo común.

Descrición[editar | editar a fonte]

Son herbas anuais ou perennes, ás veces matos ou arbustos, espiñentas con follas xeralmente pinnatífidas, coriáceas, espiñentas, mais ás veces enteiras e/ou inermes. Os capítulos, terminais solitarios ou agrupados, con numerosas follas involucrais semellantes ás follas caulinares superiores, ten un invólucro con varias fileiras de brácteas adpresas; as externas e medias xeralmente espiñentas; as internas finas e inermes, ocasionalmente cun apéndice apical. Todas as flores, insertadas nun receptáculo desde convexo até cónico, setáceo, son flosculosas e hermafroditas, con limbo dividido case até a base, xeralmente amarelo con dous nervios purpúreos en cada lóbulo. Os estames teñen filamentos ceibos, vilosos na parte superior, e anteras subobtusas e de base saxitada. Os froitos son cipselas obcónicas máis ou menos tetrágonas, glabras e con fío cárpico lateral. O papo, cando existe, está formado por varias fileiras de setas ou escamas escábridas, caedizas ou persistente, a miúdo ausente nas cipselas periféricas dunha mesma especie.[3][4][5]

Distribución[editar | editar a fonte]

Medra no centro e suroeste de Asia, Europa e o Mediterráneo; introducido e localmente cultivado noutras rexións.[4][6]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Foi nomeado por Carl von Linné en 1753 (Species Plantarum, vol.2, p. 830) [1] e a súa descrición ampliada en Genera Plantarum de 1754 [2]. Traduciu o nome Carthamus, latinizando o árabe «Kârtum», raíz semítica que significa «tintura», en alusión ás súas cualidades.

Especies[editar | editar a fonte]

As máis habituais na rexión mediterránea son:

Sinonimia[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]