Carter Beauford

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carter Beauford
Carter Beauford behind drums.jpg
Nome completo Carter Anthony Beauford
Naceu 2 de novembro de 1957 (57 anos)
Orixe Charlottesville, Virginia Flag of the United States.svg
Ocupación (s) músico
Instrumento(s) batería, percusión, coros
Selo(s) discográfico (s) RCA
Relacionado con Dave Matthews Band, Victor Wooten, Santana, Secrets
Tempo en activo 1991 - actualidade

Carter Beauford (nado o 2 de novembro de 1957) é o batería de Dave Mathews Band , coñecido pola súa elegancia á hora de tocar. Un punto a favor é o seu ambidestrismo que lle permite un amplo xogo e destreza. Son moi coñecidos os seus complicados e orixinais patróns de charles.

Biografía[editar | editar a fonte]

Carter Beauford comezou moi novo a tocar, con tres anos, despois de que o seu pai o levara a un concerto de Buddy Rich ao non atopar un canguro para coidalo. A partir de entón amosou unha gran paixón polo instrumento. Con nove anos fixo a súa primeira actuación pública tocando unhas pezas de jazz. Unha auténtica demostración da súa técnica é, por exemplo, a canción "Triping billies" onde atopamos un Beauford en estado puro.

O seu grupo principal foi e continúa a ser a Dave Mathews Band. A banda formouse cando nunha cafetería onde Carter e Leroi Moore tocaban jazz acercóuselles de súbito un camareiro, Dave Mathews, fascinado pola súa música e propuxo a idea.

Beauford considérase un músico ecléctico aberto a diversos tipos de música e, condescendente con isto, tocou con numerosos artistas entre os que destacan Santana ou o xenial Victor Wooten.

Influencias[editar | editar a fonte]

As principais influencias de Carter son Buddy Rich, Papa Jo Jones e Tony Williams, entre outros.

Equipo[editar | editar a fonte]

Toca cun kit Bill Cobham para destros, pratos Zildjian e baquetas Pro-Marck Signature Series.