Carta de Atenas
A Carta de Atenas é un manifesto urbanístico redactado no IV Congreso Internacional de Arquitectura Moderna (CIAM) celebrado a bordo do Patris II en 1933 na ruta Marsella-Atenas-Marsella (o congreso non puido celebrarse en Moscova por problemas cos organizadores soviéticos) publicándose en 1942 por Le Corbusier.
A Carta de Atenas apuota por unha separación funcional dos lugares de residencia, lecer e traballo en oposición ó carácter e a densidade da cidade tradicional. Neste tratado proponse a colocación dos edificios en amplas zonas verdes pouco densas. Estas ideas tiveron una gran influencia no planeamento das cidades europeas trala Segunda Guerra Mundial e no deseño de Brasilia.
Índice |
Cidade [editar]
O problema da cidade abórdase dende a zonificación en función dos usos e necesidades da sociedade moderna: habitar, circular, traballar e o lecer.
Vivenda [editar]
As ideas entorno á vivenda foron:
- A vivenda debe ter primacía sobre o resto de usos.
- A hixiene é fundamental no plantexamento das vivendas.
- A relación vivenda/superficie ven determinada polas características do terreo en función do soleamento.
- Evitar a disposición de vivendas ó longo das vías de comunicación.
- A solución son vivendas en altura separadas entre elas a distancia necesaria para a construción de grandes superficies verdes.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Carta de Atenas en etsav.upc.es (en castelán).
- Carta de Atenas (1931), ICOMOS (en inglés).
- Carta de Atenas, Carta de Atenas. Texto íntegro en iespana.es (en castelán).