Carson McCullers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carson McCullers

Lula Carson Smith, coñecida como Carson McCullers, nada en 1917 e finada en 1967, foi unha escritora norteamericana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Columbus, Xeorxia no seo dunha familia de clase media, recibiu educación musical durante a súa infancia. Marchou a Nova York, dedicándose a traballar polo día e estudar polas noites escritura creativa na Universidade de Columbia.
En 1935 trasladouse a Carolina do Norte, onde casou en 1937 con Reeves McCullers e publicou a súa primeira novela, The Heart is a Lonely Hunter en 1940. En 1940 separouse do seu home e marchou a Nova York para vivir con George Davis, o editor de Harper's Bazaar. Volveu casar con Reeves en 1945 e deixouno de novo en 1953, tras o que el se suicida nun cuarto dun hotel en París.

Obras[editar | editar a fonte]

Obras traducidas a galego[editar | editar a fonte]

  • A voda, en tradución de Laura Sáez, Colección As Literatas, Xerais, 2007.
  • A balada do café triste, en tradución de Salomé Rodríguez Vázquez, Edicións Barbantesa, 2010.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Josyane Savigneau Carson McCullers en castelán, ISBN 84-7765-131-0.
  • Artigo en galego de Constante González Groba no número 10 (Novembro de 1993)Boletín Galego de Literatura : Desexo, violencia e destrucción en Reflections in a golden eye de Carson Mccullers.