Carson City, Nevada
| Carson City | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| País: | |
| Estado: | Nevada |
| Condado: | |
| Incorporada: | |
| Alcalde: | Bob Crowell |
| Xeografía | |
| Altitude: | 1,463 m msnm |
| Superficie: | 403,2 km² km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 57,104 (2005) |
| Densidade de poboación: | 141 hab./km² |
| Información | |
| Sitio na web: | www.carson-city.nv.us |
Carson City é a capital do estado de Nevada, nos Estados Unidos de América. No censo do 2000, a poboación resultante era de 52.457. Carson City é agora unha cidade independente, non é parte de ningún condado.
Como moitas cidades e pobos en Nevada, Carson City foi fundada nos anos do boom da procura de minas e minerais, e no caso de Carson City foi a prata. A cidade máis grande en Nevada é Las Vegas.
Índice |
Xeografía [editar]
Carson City está localizado nos paralelos 39º9´39" Norte e no 119º45´14" Oeste. A súa zona horaria é a Oeste.
De acordo coa Axencia Xeográfica de Estados Unidos, Carson City ten un área total de 403.2 km², dos cales, 371.3 km² son terra firme e 31.9 km² é auga.
Carson City atópase na parte máis oeste de Nevada, e as súas terras limitan co lago Tahoe polo oeste.
Demografía [editar]
Segundo o censo de 2000 a poboación de Carson City é de 52.457 habitantes, o que representa unha densidade de 141 habitantes/km². Na cidade hai 20.171 vivendas e 13.252 familias.
A configuración racial da cidade é sinxela. O 85.30% da poboación é branca, o 1,80% son afroamericanos, 2,40% son indios nativos americanos, o 1,77% son asiáticos e o 14,23% da poboación son hispanos ou latinos.
Cultura [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- [1]- Páxina web oficial do goberno da cidade.