Carron Company

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Carron Company foi unha empresa metalúrxica fundada en 1759, a beiras do río Carron, preto de Falkirk, no condado escocés de Stirlingshire (Reino Unido). Despois de superar diversos problemas iniciais, a compañía estivo á cabeza da Revolución Industrial. Chegou o seu cénit grazas a unha nova peza de artillaría, a carronada. Foi unha das compañías máis lonxevas da historia. En 1982 declarouse insolvente, sendo absorbida por Franke Corporation. Levaba activa 223 anos.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas