Carreira, Ribeira

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Carreira
Capela da Guia.jpg
Capela de Nosa señora da Guía
Concello: Ribeira
Área: 9,5 km²
Poboación: (ano 2007) 2.211 hab.
Densidade: - hab./km²
Entidades de poboación: 36

San Paio de Carreira é unha parroquia do concello coruñés de Ribeira, na comarca do Barbanza. Ten unha superficie de 9,5 km². Segundo o IGE no ano 2007 tiña 2.211 habitantes (1.072 homes e 1.139 mulleres), 37 máis que o ano anterior.

Forma parte do Arciprestado de Postmarcos de Abaixo, da Arquidiocese de Santiago de Compostela. Entre os anos 1820 e 1835 a parroquia foi constituída como Concello Constitucional, integrándose no de Ribeira logo da reforma administrativa do ano 1833, vixente na actualidade.

Linda ó norte coa parroquia de Artes, ó leste coas de Ribeira e Castiñeiras, ó sur coa de Aguiño e ó oeste co océano Atlántico.

A altitude media e de 25 metros sobre o nivel do mar; o seu clima é tépedo, de tipo oceánico, resultante da exposición directa ós ventos mariños. A temperatura media anual rolda os 14,9 ºC, sendo unha das máis altas de Galicia, e as temperaturas extremas roldan os 0,5 ºC no inverno e os 34,4 ºC no verán.

Nela hai os restos de dous castros: o castro do Monte da Cidá, situado no cumio do monte da Cidá, e o castro do Porto de Baixo, a carón dunha cala da que recibe o nome, e dentro dos terreos que forman parte do Parque Natural do complexo dunar de Corrubedo.

O punto máis elevado de Carreira é o monte da Cidá con 213 m de altitude. Desde el mírase todo o concello de Ribeira.

O centro urbano da parroquia, localizado en Campos, atópase a 3 km de Santa Uxía de Ribeira, centro administrativo do Concello, e a 65 km de Santiago de Compostela, capital de Galicia.

Índice

[editar] Patrimonio

A igrexa parroquial, construída en 1717, é de estilo neoclásico, cunha soa nave, sancristía e campanario. Sufriu varias reformas, logo de que un incendio destrozase en 1818 a torre do campanario, e a comezos do século XX un incendio queimase o retablo maior, de orixe barroca.

Consérvase unha imaxe da Dolorosa, feito a mediados do século XIX por José Ferreiro.

A nave principal é de cruz latina e co brazo transversal moi curto. Divídese en catro tramos por arcos faxóns de medio punto que sosteñen unha bóveda de canón até o prebisterio, onde é de crucería.

Na fachada principal hai unha porta rectangular sen ornamentos, e sobre ela unha fiestra.

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares de Carreira

Lugares da parroquia de Carreira no concello de Ribeira (A Coruña)

Agro da Cuña | A Aldea Vella | As Bouzas | Os Buxos | Campos de Abaixo | Campos de Arriba | A Capela | Carreiriña | As Cartas | Casalnovo | Castro | Covelo | O Cruce | A Estrada | A Fieiteira | A Filgueira | Frións | A Graña | A Granxa | Laxes | Liboi | A Mámoa | Montevixán | O Outeiro | Parte ó Río | Pé do Corniño | As Pedriñas | A Pedrosa | O Quinteiro | A Revolta | O Rueiro | Sabartán | San Paio | Sobreira | O Vilar | Vixán

[editar] Parroquias de Ribeira

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ribeira

Aguiño (Nosa Señora do Carme) | Artes (San Xián) | Carreira (San Paio) | Castiñeiras (O Bo Pastor) | Corrubedo (Santa María) | Oleiros (San Martiño) | Olveira (Santa María) | Palmeira (San Pedro) | Ribeira (Santa Uxía)

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Outras linguas