Carraca
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coas aves é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa aves que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Carraca | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Coracias garrulus | ||||||||||||
A carraca ou carraza europea (Coracias garrulus) é a única especie de paxaros da familia dos Coraciidae que habita en Europa. Esténdese desde a Península Ibérica e Marrocos no oeste ata Asia Oriental. É unha especie migratoria de larga distancia, hibernando no sur de África.
En Galiza é rara, e aparentemente vese nos pasos prenupciais en maio e máis intensamente no posnupcial de agosto-setembro.
Adoita habitar en lugares de clima tépedo ou cálido coa presenza de árbores. A Carraca Europea é un paxaro mediano dun tamaño entre 29-32 cm de media é unha envergadura de 52-58 cm coas ás estendidas. A súa cor é azul co lombo marrón. As carracas frecuentan zonas árboradas e chairas abertas, onde se alimentan principalmente de insectos, aínda que en ocasións complementan a súa dieta con lagartos e ras.
Esta especie destaca no seu voo pola súa brillante cor azul que contrasta coas plumas negras das ás. Os dous sexos son similares, pero os xoves presentan unha cor máis clara que os adultos.
O canto deste paxaro é unha sucesión rápida de cantares curtos, similar a un instrumento infantil que provoca un ruído semellante e do que toma o seu nome, aínda que en ocasións parece cantar como un corvo común.
Soen aniñar nas árbores ou entre os penedos, e a posta consiste entre 4-6 ovos.