Carrán cristado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carrán cristado
T. s. sandvicensis
T. s. sandvicensis
Estado de conservación
Risco baixo (LC)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Familia: Sternidae
Xénero: 'Thalasseus'
Especie: ''T. sandvicensis''
Nome binomial
''Thalasseus sandvicensis''
(Latham, 1787)
Distribución:      Cría     Anual     Inverno

Distribución:      Cría     Anual     Inverno
Sinonimia

Sterna sandvicensis

O carrán cristado (Thalasseus sandvicensis), é un ave da familia dos Sternidae.

Morfoloxía e Hábitos[editar | editar a fonte]

Ten unha lonxitude entre 37-43cm, unha envergadura de 85-97cm e un peso de 250 gramos. Ten o peteiro esvelto e negro, coa punta amarela. Testa branca. Presenta unha pequena crista negra e patas da mesma cor. A especie non presenta dimorfismo sexual. Os xoves teñen manchas pardas na cabeza e na parte superior do corpo. É un ave moi gregaria, que garula con frecuencia. Alimentación baseada en peixes que pesca mergullándose. Tamén depreda crustáceos, moluscos e vermes.

Reprodución[editar | editar a fonte]

Cría en colonias en praias areosas ou illas baixas. As veces tamén en augas estancadas que sexan salobres. O período de cría vai de maio a xullo cunha posta de 2 ovos. O tempo de incubación é de 22-26 días. Os polos comezan a voar ós 30-35 días.

Distribución[editar | editar a fonte]

Estival no norte de Europa. Invérnante no Sur de Europa e África. Escaso ou inexistente lonxe da costa. Ó revés do Carrán do Caspio segue a costa cando emigra. Non cría en Galicia, pero é relativamente abondosa nos pasos migratorios, especialmente de setembro a outubro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • "Illas Cíes: Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas". Editorial A Nosa Terra. ISBN-978-84-96203-67-9
  • "100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas". C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís, Atocha Ramos Martínez. Editado polo Concello de O Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)