Caroline Trentini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caroline Trentini
Nome completoCaroline Aparecida Trentini
Nacemento6 de xullo de 1987 (36 anos)
Lugar de nacementoPanambi, Río Grande do Sur, Brasil
NacionalidadeBrasil
OcupaciónModelo
CónxuxeFabio Bartelt (m. 2012)
FillosBento Jacob Trentini Bartelt (2013)
Benoah Jacob Trentini Bartelt (2016)
Na rede
IMDB: nm2142567 Twitter: trentinireal Instagram: trentinireal Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Caroline Trentini, nada en Panambi, Río Grande do Sur, o 6 de xullo de 1987,[1] é unha modelo brasileira tamén coñecida como Carol Trentini.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 2000, Trentini foi descuberta mentres camiñaba pola rúa por un axente, o mesmo que descubriu a Gisele Bündchen,[1] e pouco despois mudouse a São Paulo, un destino habitual das modelos novas brasileiras. A súa carreira profesional comezou nese intre, e despois dun ano, Trentini mudouse de novo, esta vez a Nova York. Comezou a destacar cando foi elixida por Marc Jacobs para unha campaña publicidataria, e foi fotografada por Juergen Teller.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Caroline Trentini". nymag.com. Consultado o 14 de abril de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]