Carnobacterium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carnobacterium é un xénero de bacterias grampositivas encadrado na familia Carnobacteriaceae Ludwig et al. 2010 fam. nov.[1] As especies C. divergens e C. maltaromaticum encóntranse na natureza e en produtos alimenticios e poden crecer anaerobicamente. Estas especies non son patóxenas para os humanos, pero poden causar doenzas nos peixes.[2]

Unha especie de Carnobacterium, C. maltaromaticum cepa CB1, foi avaliada no Canadá en 1999 como aditivo alimentario para carnes envasadas ao baleiro ou en atmosfera modificada e concluíuse que C. maltaromaticum cepa CB1 non era tóxica para os humanos e o medio ambiente.[3]

Notas[editar | editar a fonte]