Carneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carneo era unha antiga divindade peloponesa identificada posteriormente con Apolo ou considerada unha simple emanación del. Non obstante, Carneo era orixinalmente un deus independente. Era un deus venerado polos aqueos antes da chegada dos dorios.

O seu nome deriva de kárnos próbaton, que significa gando, en referencia a que posiblemente se lle sacrificaba gando durante as Festas Carneas, unha importante festa de Esparta, o principal centro da súa adoración.

Este deus podía ser non só do gando, senón posiblemente tamén dalgúns traballos agrícolas, coma a colleita e a vendima.