Carmen Delia Dipiní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Delia Dipiní
Nacemento18 de novembro de 1927
Lugar de nacementoNaguabo
Falecemento4 de agosto de 1998
Lugar de falecementoBayamón
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncantore de bolero e artista discográfico
Na rede
Spotify: 6DmGRDkFsjh9CAdjzcueSL Musicbrainz: c5c6dfe8-475f-4cde-9d98-38b2b8d0e7a6 Discogs: 1813365 Find a Grave: 8525936 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Carmen Delia Dipiní, nada en Naguabo o 18 de novembro de 1927 e finada o 4 de agosto de 1998, foi unha cantante portorriqueña, intérprete de boleros latinoamericanos. A súa época dourada foi con Johnny Rodríguez e coa Sonora Matancera.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a cantar en 1937, afoutada pola profesora Amparo Brenes, da Escuela Elemental Eugenio Brac de Naguabo. En 1941 debutou profesionalmente nun programa que Rafael Quiñones Vidal animaba pola emisora WNAM. Axudada pola súa amiga Ruth Fernández, trasladouse a Nova York en 1947, onde deveu cantante profesional. Iso aconteceu logo de participar no programa de afeccionados de Willy Chevalier no Teatro Triboro, onde gañou o primeiro premio e a casa de discos Verne contratouna para gravar con Johnny Albino e o Trío San Juan as cancións "El día que yo nací", "Perdida" e "Duérmete mi Junior".