Carmen Ascaso
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carmen Ascaso Ciria, nada en Castillo Pompién (Huesca), é unha bióloga española.
[editar] Traxectoria
Aplicadora de novas técnicas de Microscopía Electrónica por ela descubertas, na actualidade é Subdirectora do Instituto de Recursos Naturais do Consello Superior de Investigacións Científicas, directora do Servizo de Microscopía e Ecoloxía Microbiana.
Os seus estudos do ALH84001, meteorito de orixe marciana descuberto na Antártida e caído na Terra hai uns 13.000 anos, levárona ó descubrimento de pequenos cristais magnéticos (de magnetita) tipicamente de orixe biolóxico, o que apoia a Teoría da Panspermia. Estas investigacións foron levadas en compañía de Jacek Wierzchos.