Carlos Vila Sexto
Carlos Vila Sexto, nado na Coruña en 1977, é un escritor galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Comezou a escribir de rapaz, con catorce anos gañou o V Premio de Narracións Infantís Rúa Nova co relato de aventuras "Alén da aventura" (1992), con ilustracións orixinais de seu pai, o pintor e médico Roberto Vila Rodríguez. Repetiu premio ó ano seguinte coa novela de terror Gárgola (1993). Dous anos máis tarde apareceu Cara á fin da luz (1995), unha novela de misterio, aventuras e terror ambientada nunha aldea. Un relato seu, "O baúl", foi incluido na Antoloxía do conto de medo galego, una selección de relatos de terror recompilados por Silvia Gaspar para a Editorial Galaxia.
Carlos Vila tamén foi creador e guionista das series de televisión Un lugar en el mundo, Motivos personales, Círculo Rojo e Los misterios de Laura.
En marzo de 2009 publicou, dentro da colección Costa Oeste da Editorial Galaxia, o seu cuarto libro, As Sete Mortes, unha aventura con tintes de misterio ambientada en Galicia. Esta obra recibiu o premio Frei Martín Sarmiento en 2011, na categoría de 3º e 4º da ESO.
[editar] Obra
- Alén da aventura, Colección Árbore da Editorial Galaxia (1992).
- Gárgola, Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia (1993).
- Cara á fin da luz, Colección Fóra de Xogo de Edicións Xerais (1995).
- O baúl, relato incluido na Antoloxía do conto de medo galego, de Galaxia (1996).
- As sete mortes, Colección Costa Oeste da Editorial Galaxia (2009).
[editar] Traballos para TV
- Creador e guionista de Un lugar en el mundo (Antena 3)
- Creador e guionista de Motivos personales (Telecinco)
- Guionista do capítulo "Las lágrimas de Raimmis", de Génesis, en la mente del asesino (Cuatro)
- Creador e guionista das tramas de Círculo Rojo (Antena 3)
- Creador e guionista da segunda temporada de Acusados (Telecinco)
- Creador e guionista de Los misterios de Laura (TVE)