Carlos Reinaldo Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Pérez
Carlos Pérez en 2008.
Información persoal
Nome Carlos Reinaldo Pérez Enrique
Nacemento 26 de outubro de 1971 (52 anos)
Lugar de nacemento A Habana
Altura 1,97 m.
Posición Lateral esquerdo
Información de club
Club actual Al Shamal
Número 10
Carreira xuvenil
Cuba Ciudad Habana
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
–1997 Cuba Ciudad Habana
1997–2013 Hungría MKB Veszprém KC 343 (1475)
2013- Qatar Al Shamal
Selección nacional
–1997 Cuba Cuba 171 (?)
1997-2012 Hungría Hungría 44 (252)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Carlos Reinaldo Pérez Enrique ou simplemente Carlos Pérez, nado o 26 de outubro de 1971 na Habana (Cuba),[1] é un xogador de balonmán de orixe cubano nacionalizado húngaro. Dende o 2013 xoga no Al Shamal qatarí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Pérez naceu na Habana (Cuba), e iniciouse na práctica do balonmán no Ciudad Habana, equipo no que militou ata 1997, ano no que asinou co MKB Veszprém KC de Hungría. No equipo húngaro xogou 16 anos e gañou 13 ligas húngaras, 12 copas húngaras e unha Recopa de Europa, e foi subcampión Liga de Campións da EHF en 2002, así como da Supercopa de Europa en 2002 e 2008. En febreiro de 2013 asinou co Al Shamal qatarí.[2]

En 1999 obtivo a nacionalidade húngara, facendo o seu debut na selección húngara no 2002 fronte a Eslovenia.[3] Xogou co combinado húngaro o Campionato do Mundo de 2003, onde demostrou as súas habilidades de tiro, finalizando o campionato como o máximo goleador da competición con 64 goles. Tamén ten sido seleccionado para oel equipo All-Star.[3] Participou nos Xogos Olímpicos de 2004 un ano despois, finalizando no cuarto lugar.[1][4]

A pesar das súas boas actuacións tivo que esperar 7 anos para poder disputar outro gran torneo, o Campionato do Mundo de 2011, no que o seu club só lle permitiu xogar 3 partidos, o seleccionador Lajos Mocsai reservouno para os partidos máis importantes, e máis tarde foi chamado para substituír a Péter Gulyás.[5]

Foi galardoado co premio de Mellor Xogador de Balonmán Húngaro tres veces consecutivas entre 2003 e 2005, e outra vez en 2011.[6]

O 9 de xuño de 2013, o MKB Veszprém KC retirou o dorsal número 10 no seu honor.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Carlos Pérez". Sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2012. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  2. "Carlos Pérez: viszlát, Veszprém!". Arquivado dende o orixinal o 28 de decembro de 2013. Consultado o 13 de setembro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Tíz éve varázsol a veszprémi kézicsillag" (en Hungarian). Origo.hu. 27 October 2007. 
  4. "Neuer Pass verhilft zur zweiten Chance" (en German). Welt Online. 31 January 2007. 
  5. "Férfi kézilabda-vb: Gulyás Péter helyett játszik Pérez" (en Hungarian). Nemzeti Sport Online. 24 January 2011. 
  6. "Az év kézilabdázói (2011)" (en Hungarian). Hungarian Handball Federation. Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2012. Consultado o 8 December 2011. 
  7. "Carlos a Világválogatott ellen búcsúzik Veszprémtől". M4 Sport (en húngaro). Consultado o 2022-03-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]