Carlos Mugica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarlos Mugica

(1970) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Carlos Francisco Sergio Mugica Echagüe Editar o valor em Wikidata
7 de outubro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Morte11 de maio de 1974 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Villa Luro, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Ferida por arma de fogo Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónColegio Nacional de Buenos Aires (en) Traducir (–1948)
Universidade de Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico , columnista , mestre , escritor Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiAdolfo Mugica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata


Carlos Mugica, nado en 1930 e finado en 1974, foi un sacerdote xesuíta arxentino, vinculado ao Movemento de Sacerdotes para o Terceiro Mundo e ás loitas populares da Arxentina das décadas de 1960 e 1970.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nacemento[editar | editar a fonte]

Mugica naceu en Buenos Aires o 7 de outubro de 1930. Fillo dun político conservador e dunha muller de familia adiñeirada, en 1954 comezou a traballar ferventemente na asistencia de familias empobrecidas desde a parroquia de Santa Rosa de Lima, na cidade de Buenos Aires, sentíndose pouco a pouco próximo ao movemento político denominado peronismo e ao accionar revolucionario de Ernesto Che Guevara e de Mao Zedong.

Militancia política[editar | editar a fonte]

A mediados da década do 60 coñece e mantén unha estreita relación cos activistas católicos xuvenís Fernando Abal Medina, Mario Firmenich e Carlos Gustavo Ramus, quen máis tarde serían parte da célula fundacional da organización armada Montoneros, intimamente ligada ao movemento peronista de esquerda.

Crítica a Montoneros[editar | editar a fonte]

Xa entrada a década do 70, e por manter profundas diferenzas coa política de guerrilla armada e as accións violentas da organización Montoneros, Mugica toma unha postura crítica cara a estes, marcando un crecente distanciamento coa súa cúpula dirixente. O 7 de decembro de 1973, o pai Carlos Mugica expresou publicamente respecto diso:

"Como dice la Biblia, hai que dejar las armas para empuñar los arados".

O seu asasinato[editar | editar a fonte]

Debido á súa activa militancia social e política padeceu varias ameazas de morte e diversos ataques e intentos de asasinato. O 11 de maio de 1974 foi emboscado cando se dispuña a subirse ao seu automóbil Renault 4-L azul estacionado na porta da igrexa de San Francisco Solano no Partido de Quilmes, suburbio do sueste de Buenos Aires, onde acababa de celebrar misa.

Segundo algunhas versións de ocasionais testemuñas, achegóuselle un individuo con bigotes, quen se cre que era Rodolfo Eduardo Almirón, xefe da Alianza Anticomunista Arxentina (Triple A), tiroteándoo con varios disparos cunha metralladora Ingram M-10 que lle afectaron seriamente o abdome e o tórax, falecendo aos poucos minutos ao ser trasladado a un hospital próximo. Xa moribundo, as últimas palabras que se lle escoitaron dicir foron:

"¡Ahora más que nunca tenemos que estar junto al pueblo!"

Como era habitual naquel período de gran violencia política vivido na Arxentina, organizacións armadas tanto de ultradereita (a Triple A) e da esquerda peronista (Montoneros), acusáronse mutuamente por este asasinato, aínda que pola modalidade con que se executou o atentado e os testemuños subseguintes, todas as presuncións indican que efectivamente a acción homicida foi obra da Triple A.

Actualmente o mausoleo do Pai Mugica atópase na capela Cristo Obreiro da Villa 31 de Retiro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]