Carlos Javier Márquez González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Javier Márquez González
Nacemento9 de decembro de 1973
Lugar de nacementoPontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista e xogador de fútbol sala
editar datos en Wikidata ]

Carlos Javier Márquez González, alcumado Chenlli, nado en Pontevedra o 9 de decembro de 1973, é un porteiro de fútbol sala. En 2009 con ficha no Leis 26 Pontevedra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Deuse a coñecer ó gañar o título de Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-21 cos seus compañeiros da Selección Galega. Pouco despois fichou polo equipo da súa cidade, o Forum Filatélico Rías Baixas, na tempada 1995-96, onde estivo ata a campaña 1999-00, cando o equipo descendeu.

Para evitar xogar nunha categoría inferior fichou polo O'Parrulo de Ferrol, onde estivo dúas tempadas.

No ano 2002 fichou polo Azkar de Lugo, acabado de ascender da División de Prata. Lograron manter a categoría e obtiveron a Copa Xunta de Galicia, así como o premio ó equipo máis deportivo da División de Honra. Na tempada seguinte o equipo xogou por vez primeira os play-offs polo título, caendo en cuartos de final ante El Pozo de Murcia. Volveu gañar a Copa Xunta de Galicia.

Na tempada 2004-05 o Azkar clasificouse para a Copa de España por vez primeira, dando a sorpresa ó chegar á final onde caeron ante o Interviú Fadesa.

En novembro de 2005 logrou o seu título máis importante a nivel de clubs, a Recopa de Europa de Fútbol Sala. Ó ano seguinte logrou de novo a Copa Xunta de Galicia. Na final, disputada ante o Autos Lobelle de Compostela, o partido decidiuse nos penaltis, marcando Chenlli o gol definitivo.

Ó finalizar a tempada 2006-07 decidiu volver á súa cidade natal para lograr a permanencia co acabado de ascender Leis 26 Pontevedra, onde compite pola titularidade con Marimón, porteiro ó que marcara o gol na Copa Xunta de Galicia.

Clubs[editar | editar a fonte]

  • Rias Baixas FS (División de Honra): 1995-2000
  • O'Parrulo Ferrol (División de Honra): 2000-2002
  • Azkar Lugo FS (División de Honra): 2002-2007
  • Leis 26 Pontevedra (División de Honra): 2007-

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Copa de España de Seleccións Autonómicas Sub-21 (Campión)
  • Copa Xunta de Galicia (Campión nos anos 2002, 2003 e 2006; Subcampión no 2005)
  • Recopa de Europa (Campión no ano 2005)
  • Copa de España (Subcampión no ano 2005)
  • Supercopa de España (Subcampión no ano 2005)