Carlos II de España
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Carlos II, nado en Madrid o 6 de novembro de 1661 e finado na mesma cidade o 1 de novembro de 1700, alcumado o Enfeitizado, foi rei de España[1] de 1665 a 1700 foi o ultimo rei da Casa dos Austria (dinastía Habsburgo).
Índice |
[editar] Traxectoria
Fillo e herdeiro de Filipe IV e de Mariana de Austria, permaneceu baixo a rexencia da súa nai ata que alcanzou a maioría de idade en 1675. O seu alcume O enfetizado viña da incapazidade que tiña o rei para gobernar e pola falta de descendencia. Carlos II tivo numerosos validos : Xoan everardo Nithard , Fernando de Valenzuela , Xoan Xosé de Austria , Duque de Medinaceli e o Conde de Oropresa . A crisis económica e social , as perdas de guerras sucesivas , e a corrupción dos validos fixeron que España no reinado de Carlos II se desmoronase , dando deste xeito , o claro exemplo da decadencia española . Carlos II casou dúas veces : a primeira esposa foi Maria Luisa de Orleáns , neta de Luis XIV que ata entonces era o enemigo principal , pero o casamento entre ambos , facilitaría a relación entre España e Francia . Carlos II e Maria Luisa de Orleans estiveron moi enamorados pero non tiveron descendecia a pesar dos estraños brebaxes que bebía Maria Luisa para a súa fertilidade . María Luisa morreu moi pronto , en 1689. A segunda esposa de Carlos II for Mariana de Neoburgo , que aínda que non fose da familia real , a súa nai tiña unha excelente fertillidade . Pero a pesar diso tampouco chegaron a ter descendencia . O pobo o acabou chamando O Enfeitizado pola súa falta de descendencia , e Carlos II o acabou por crer e acabou someténdose a exorcismos porque cría que estaba poseído polo demo. En 1700 morre e no seu testamento nombra sucesor a Felipe de Anjou , que era un Borbón co que tiña lazos familiares , pero en Viene Carlos II non o aprobou xa que os Borbóns eran o pero enemigo de España polo que se orixinou a Guerra de sucesión que enfrontaba a Felipe de Anjou contra Carlos de Habsburgo e finalmente gañou en 1713 Felipe de Anjou recoñecido como Filipe V de España e o inicio da casa de Borbón.
[editar] Notas
- ↑ A titulación variaba duns territorios a outros, desde o Tratado de Lisboa (1668) comprendía na súa totalidade:
Rei de Castela e de León, de Aragón (como Carlos II), das dúas Sicilias (Nápoles, como Carlos V, e Sicilia, como Carlos III), de Navarra (como Carlos V), de Xerusalén, de Hungría, de Dalmacia, de Croacia, de Granada, de Valencia, de Toledo, de Galicia, de Mallorca, de Sevilla, de Sardeña, de Córdoba, de Córsega, de Murcia, de Xaén, dos Algarves, de Algeciras, de Xibraltar, das illas Canarias, das Indias orientais e occidentais, das Illas e Terra Firme do Mar Océano, Arquiduque de Austria,
Duque de Borgoña (como Carlos III), de Brabante e Lotarinxia, Limburgo, Luxemburgo, Güeldres, Milán, Atenas e Neopatria
Conde de Habsburgo, de Flandres, de Artois, Palatino de Borgoña, de Tirol, de Henao, de Namur, de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña,
Príncipe de Suabia,
Margrave do Sacro Imperio Romano, Marqués de Oristán e Conde de Gociano,
Señor de Biscaia e de Molina, de Frisia, Salins e Malinas
Dominador en Asia e África
[editar] Véxase tamén
| Predecesor: Filipe IV |
Rei de España 1665 - 1700 |
Sucesor: Filipe V |