Carlos Hugo de Borbón-Parma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlos Hugo de Borbón-Parma, duque de Borbón-Parma, nado o 8 de abril de 1930 en Madrid e finado o 18 de agosto de 2010 en Barcelona, foi o xefe da casa ducal de Parma e pretendente carlista á coroa de España co nome de Carlos Hugo I.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Xavier de Borbón-Parma e de María de Borbón-Busset, estudou ciencias económicas na Universidade de Oxford e traballou no Deutsche Bank. En 1957 entrou en España pola primeira vez e participou no acto de Montejurra dese ano representando ao seu pai. Realizou varias viaxes máis por España, e entrou en contacto coa AET e MOT, os sectores máis progresistas do carlismo, e no verán de 1962 traballou de incógnito nunha mina asturiana. O 29 de abril de 1964 casou en Roma coa princesa holandesa Irene de Orange-Nassau. En 1968 o réxime franquista expulsouno de España

O 8 de abril de 1975 ao abdicar o seu pai, Xavier, aos dereitos á Coroa española converteuse no pretendente carlista á coroa, ademais de ostentar a presidencia do Partido Carlista. En marzo de 1976 intentou entrar en España pero as autoridades non lle deu autorización para entrar e non puido saír do aeroporto de Barajas. A fins de 1977 puido regresar a España. Nas eleccións xerais de 1979 encabezou a candidatura do Partido Carlista en Navarra, conseguiu o 7.7% dos votos pero non conseguiu escano. Tras o fracaso electorial en novembro de 1979 renunciou á presidencia do PC e abril deixou a organización, en 1981, marchou aos Estados Unidos, onde exerceu como profesor na Universidade Harvard e dende 1999 viviu en Bruxelas .

Obras[editar | editar a fonte]

  • Qué es el Carlismo (1976)
  • La vía carlista al socialismo autogestionario (1977)