Carlos Ferrás Sexto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlos Ferrás Sexto, nado en Compostela en 1965, é un xeógrafo e académico galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Ferrás é profesor no Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela. É tamén o director do Grupo de Investigación Socio-Territorial (GIS-T/IDEGA) e do Centro de Estudos Eurorrexionais.

Carlos Ferrás rematou a súa tese de doutoramento baixo a supervisión de Patrick O'Flanagan, realizando un estudo comparado dos procesos de cambio rural en Galiza e Irlanda. Este traballo supúxolle acadar o grao de Doctor Europeus, xa que logo foi realizado entre a universidade compostelá e a University College Cork (Irlanda). Despois da súa experiencia irlandesa, e antes de volver a Galiza, a súa investigación levouno a México, onde traballou como docente na Universidad de Guadalajara.

Ferrás Sexto ten estudado en profundidade os campos da xeografía económica, cultural e histórica, a Europa atlántica, os fenómenos de contra urbanización e suburbanización, o concepto de cidade xardín, asentamentos rurais, procesos de cambio rural e o uso das novas tecnoloxías aplicadas ao desenvolvemento das áreas rurais, incluíndo a alfabetización dixital[1] É tamén un especialista no chamado "marketing territorial",[1] liderando un feixe de innovativos proxectos de desenvolvemento, como Granxa Familiar e Galicia Auténtica.

Obra parcial[editar | editar a fonte]

  • Cambio Rural na Europa Atlántica. Os casos de Galicia e Irlanda (1970-1990). Universidade de Santiago de Compostela e Xunta de Galicia, Compostela, 1996.
  • A Contraurbanización: un achegamento teórico e estudio de casos en Irlanda, España y México . Universidad de Guadalajara (México) e Xunta de Galicia, Guadalajara-Jalisco, 1998.
  • "Cambio social e territorial en Galicia, ¿de país rural a cidade xardín?", en Semanata no. 9, pp. 55–78, Compostela, 1998.
  • Santiago Apóstol en México: culto y significado en el Reino de la Nueva Galicia. Xunta de Galicia, 1998.
  • (e Xoán Paredes) "Reflexiones sobre justicia social y desarrollo alternativo en América Latina. ¿Desarrollo local, desarrollo sostenible y/o ecosocialismo?", en Seminario internacional sobre perspectivas de desarrollo en Iberoamérica, pp. 81–96, Universidade de Santiago de Compostela, 1999.
  • (e Souto González) "Cidade atlántica e organización territorial en Galicia", en Grial no. 155, pp. 507–528, 2002.
  • (et alii) "Un novo escenario para a economía galega, minifundio sostible e agricultura familiar ecolóxica: análise do caso da cooperativa Feiraco", en Congreso de Economía de Galicia, pp. 853–865, Universidade de Santiago de Compostela, 2002.
  • "Reflexión acerca del significado de la obra del profesor O'Flanagan para la Geografía de Galicia", en Xeográfica no. 1, pp. 199–203, Compostela, 2001.
  • (et alii) Novas tecnoloxías e economía cultural, Universidade de Santiago de Compostela, 2005.
  • "Un ideario de cidade en rede policéntrica ubicada nun grande xardín: o caso da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", en Revista de Estudos Euro-Rexionais', pp. 27–38, 2006.
  • (et alii) Sociedade da información en espacios periféricos: novas formas de exclusión social, Universidade de Santiago de Compostela, 2006.
  • (et alii) "Cultura e novas tecnoloxías. A experiencia de Infobrion.com", en Encontros Cultura e Concellos, pp. 139–156, Consello da Cultura, Galega, Compostela, 2006.
  • (et alii) "Fronte aos localismos, eurorrexión", en Tempos Novos no. 155, pp. 67–70, 2010.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]