Carlos Basilio Ezeta
Biografía | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de xuño de 1852 San Salvador | ||||||||||||||
Morte | 21 de marzo de 1903 (50 anos) Mazatlán | ||||||||||||||
Cargos | |||||||||||||||
Presidente do Salvador | |||||||||||||||
Período | 22 de xuño de 1890 - 10 de xuño de 1894 | ||||||||||||||
Antecesor | Francisco Menéndez Valdivieso | ||||||||||||||
Sucesor | Rafael Antonio Gutiérrez | ||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||
País de nacionalidade | O Salvador | ||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||
Ocupación | militar | ||||||||||||||
Lingua | Lingua castelá | ||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||
Cónxuxe | Josefa Marroquín[1] | ||||||||||||||
Lista
|
Carlos Basilio Ezeta, nado en San Salvador o 14 de xuño de 1852 e finado en Mazatlán (México) o 21 de marzo de 1903, foi un militar, presidente do Salvador entre o 22 de xuño de 1890 e o 10 de xuño de 1894. O primeiro ano de maneira provisional tras derrocar nun golpe de Estado a Francisco Menéndez.
Ingresou na Escola Militar en 1867 para incorporarse ao exército en 1871 como subtenente. Participou nos enfrontamentos con Honduras en 1872 e 1873, sendo ferido.
Despois de diversas estancias en Costa Rica, Estados Unidos e Guatemala, regresou definitivamente ao Salvador en 1885. Durante o goberno de Francisco Menéndez, xa como xeneral, participou como Xeneral en Xefe para sufocar a rebelión de Cojutepeque. O seu último cargo antes do golpe de Estado foi de Inspector Xeral do Exército.
Presidencia[editar | editar a fonte]
Durante a súa administración tivo lugar a guerra do Totoposte con Guatemala, chamada así porque o presidente guatemalteco, o xeneral Manuel Lisandro Barillas mobilizou tropas á fronteira, pero estas nunca chegaron a combater; desta forma, a guerra só serviu para mandar provisións de maínzo moído (totoposte) ás tropas.[2] Nesta guerra, O Salvador obtivo a vitoria coa sinatura do tratado de paz en agosto de 1890 promovido polo Corpo Diplomático acreditado de ambos países.
O 18 de abril de 1891 fundou a Oficina de Enxeñeiros, agregada ao Ministerio de Fomento.[3]
Ezeta foi derrocado pola revolución dos 44. Acabou en Mazatlán, Sinaloa, México, onde faleceu.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Casa Presidencial - El Salvador". Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2006. Consultado o 20 de marzo de 2009.
- ↑ Hernández de León, Federico (1930). El libro de las efemérides. Tomo III. Guatemala: Tipografía Sánchez y De Guise.
- ↑ "Cartera de Fomento" (PDF). Diario Oficial (Tomo 30 Número 90) (San Salvador). 20 de abril de 1891. p. 523. Consultado o 25 de agosto de 2019.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Presidente do Salvador | ||
---|---|---|
Segue a: Francisco Menéndez Valdivieso |
Carlos Basilio Ezeta | Precede a: Rafael Antonio Gutiérrez |
militar |