Carlos Baliñas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Carlos-Amable Baliñas Fernández, nado o 16 de decembro de 1930 no lugar de Vilarchán, parroquia de Quireza (Cerdedo), é un profesor e filósofo galego.

[editar] Traxectoria

Fai os estudos de filosofía na Universidade de Comillas (Cantabria). Ingresa a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela no ano 1954, trasladándose tres anos despois a Universidad Central de Madrid (na actualidade Universidad Complutense de Madrid) para facer o segundo ciclo da carreira, onde acada o título de licenciado en Filosofía, esta vez no ámbito civil.

Obtén unha beca da Banca Juan March para completar estudos na Universidade de Múnic, na Alemaña, o que o pon en contacto coas correntes da filosofía europea.

En 1960, incorpórase como Catedrático de Ensino Medio de Filosofía. Exerce a docencia nos institutos de León, "Santa Irene" de Vigo e "Arcebispo Xelmírez" de Santiago de Compostela.

Acada o doutoramento en Filosofía pola Universidade de Madrid no ano 1963 coa tese "La historicidad del ser, el concepto de Historia", dirixida por Santiago Montero Díaz.

En 1969 obtén a Cátedra de Fundamentos da Filosofía e Historia dos sistemas filosóficos da Universidade de Santiago de Compostela. Previo a súa incorporación á universidade compostelá, exerce de catedrático na Universidade de Barcelona e na Universidad Complutense de Madrid.

Xa en Compostela, consegue dun xeito sorpresivo a creación dunha Facultade de Filosofía e Ciencias da Educación. Foi decano desta facultade moitos anos.

Tamén participa en política, sendo candidato ao Senado no ano 1977 e como membro de varias fundacións e padroados.

No ano 2000 foille concedida a Medalla Castelao da Xunta de Galicia.

[editar] Obra

O seu campo de traballo intelectual recorre a publicación de numerosos libros (El acontecer histórico, Amor Ruibal en su tiempo y en el nuestro, Descubrindo a Otero Pedrayo, Rosalía de Castro, entre a poesía e a política, Galicia de papel, etc), artigos en revistas especializadas (Revista de Filosofía, Agora, Grial ou Anthropos), entradas en enciclopedias (Enciclopedía de la Cultura Hispánica ou a Gran Enciclopedia Rialp) e na prensa escrita (El Correo Gallego, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia).

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas