Carlos Ariel López Chimino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlos Ariel López Chimino
Nome completoCarlos Ariel López Chimino
Nacemento13 de marzo de 1977
Lugar de nacementoSan Juan
NacionalidadeArxentina
Ocupaciónxogador de hóckey a patíns
editar datos en Wikidata ]

Carlos Ariel López Chimino, máis coñecido como Carlitos López, nado en San Juan de la Frontera o 13 de marzo de 1977, é un ex xogador de hóckey a patíns arxentino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciouse no hóckey a patíns nas categorías inferiores da Unión Vecinal de Trinidad, un dos equipos deste deporte na súa cidade natal. En 1997 fichou polo H.C. Liceo da Coruña, club no cal militou seis tempadas. A súa última tempada no club galego asinou uns números excelentes, converténdose no máximo anotador da OK Liga cun total de 30 goles en 33 partidos. Na tempada 2004-05 fichou polo FC Barcelona, sendo a única incorporación do club barcelonés ese ano, e coa responsabilidade de substituír a Gaby Cairo, o símbolo do equipo nos últimos anos.

A nivel individual gañou premios como o Olímpia de Prata do 2000, recoñecemento que se outorga en diversas disciplinas ao deportista máis destacado da Arxentina.

Palmarés[editar | editar a fonte]

UV Trinidad[editar | editar a fonte]

  • 1 Liga nacional: 1995
  • 1 Campionato Suramericano: 1997

H.C. Liceo[editar | editar a fonte]

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

Selección arxentina[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]