Carlos Amarante

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario do Bon Xesús do Monte, Braga, de C. Amarante

Carlos Luís Ferreira da Cruz Amarante, nado en Braga o 30 de outubro de 1748 e falecido en Porto o 22 de xaneiro de 1815, foi un enxeñeiro e arquitecto portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Carlos Amarante era fillo dun músico, Manuel Ferreira da Cruz Amarante, e de María Josefa Rosa de Almeida. Comezou por seguir a carreira eclesiástica, interrompéndoa para se casar aos 23 anos con Luísa Clara Xavier. Formouse, entretanto, en enxeñaría e arquitectura, o que lle posibilitou a realización dalgunhas obras notábeis, especialmente en estilo neoclásico

Está sepultado na igrexa da Trindade, en Porto.

Obras[editar | editar a fonte]