Carlos Albert Despujol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Carlos Albert Despujols»)
Infotaula de personaCarlos Albert Despujol
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 1962 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante , político Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1920 Editar o valor em Wikidata - 1941 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesManuel García Prieto () Editar o valor em Wikidata

Carlos de Albert Despujol, finado en Madrid en xaneiro de 1962,[1] foi un comerciante, xornalista, escritor e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi cronísta de sociedade de La Vanguardia, asinando co pseudónimo Boy. Casou en 1920 con María Victoria García-Prieto Montero, filla de Manuel García Prieto.[2] Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ortigueira nas eleccións de 1920. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1923. En 1924 dirixiu en Madrid a Revista de Crédito.[3]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Pensamientos y abanicos, 1939.
  • La gran tragedia de España, 1931-1939, 1940.
  • Días y noches. Poemas, 1941.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Foi pai de Carlos Albert García-Prieto.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia, 16-1-1962, p. 24.
  2. "Noticia en ABC". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2012. 
  3. El Compostelano, 11-5-1926, p, 1.
  4. La Vanguardia, 24-2-1966, p. 28.