Carlo Maria Cipolla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carlo Maria Cipolla
Nome completoCarlo Cipolla
AlcumeCarlo M. Cipolla
Nacemento15 de agosto de 1922
Lugar de nacementoPavia
Falecemento5 de setembro de 2000
Lugar de falecementoPavia
NacionalidadeItalia e Reino de Italia
Alma máterUniversidade de Pavia, Universidade de Catânia, Faculty of Arts of Paris e Universidade de París
Ocupaciónhistoriador da economia, profesor universitario, escritor de non ficción, economista e historiador
PremiosPrêmio Balzan e honorary doctor of ETH Zürich
Na rede
Bitraga: 3597 WikiTree: Cipolla-74
editar datos en Wikidata ]

Carlo Maria Cipolla, nado o 15 de agosto de 1922 en Pavia e finado o 5 de setembro de 2000 na mesma cidade, foi un historiador económico italiano. A pesar dos seus importantes traballos sobre mudanzas económicas ao longo da historia, é moi coñecido por un humorístico tratado sobre da estupidez. Escribiu os seus libros tanto en italiano como en inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Na súa mocidade, Cipolla quería ser profesor de historia e filosofía, e debido a iso ingresou á facultade de ciencia política da Universidade de Pavia. Mentres estudaba aí, grazas ao profesor Franco Borlandi, un especialista en historia económica medieval, descubriu a súa paixón pola historia da economía. Licenciouse en Pavia en 1944, cunha tese sobre a historia das explotacións agrarias no val do Po e logo ampliou os seus estudos na na Universidade de París para licenciarse máis tarde na London School of Economics, en 1948.

Obtivo o seu primeiro posto de profesor de historia económica en Catania á idade de 27 anos, co que iniciou unha longa carreira académica en Italia (Venecia, Turín, Pavia, Pisa e Fiesole) e no estranxeiro. En 1953 Cipolla viaxou aos Estados Unidos polo Programa Fulbright e en 1957 converteuse en profesor visitante na Universidade de California en Berkeley, da que dous anos máis tarde pasou a ser catedrático. Cipolla foi recibido como membro en varias academias prestixiosas e en 1995 recibiu o premio Balzan. Faleceu de párkinson.

Campos de estudo[editar | editar a fonte]

Traballou en moi diversos campos de historia económica, e particularmente sobre a historia da moeda en Italia e en Europa en xeral, os crecementos e minguas da poboación europea ou as máquinas de guerra.

Particularmente é coñecido pola súa publicación humorística sobre a estupidez humana, recollida no libro Allegro ma non troppo, de 1988.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Studi di storia della moneta : i movimenti dei cambi in Italia dal secolo XIII al XV (1948)
  • Verso il Far West : le esplorazioni dell'occidente nord-americano e la ricerca dei passaggi verso il Pacifico (1952)
  • Mouvements monetaires dans l'Etat de Milan : 1580 - 1700(1952)
  • Money, Prices and Civilization (1956)
  • Moneta e civiltà mediterranea (1957)
  • L'avventura della lira (1958)
  • Storia dell'economia italiana: Saggi dei storia economica (1959)
  • The Economic History of World Population (1962)
  • Sans Mahomet, Charlemagne est inconcevable (1962)
  • Guns and Sails in the Early Phase of European Expansion 1400-1700 (1965)
  • Literary and Development in the West (1969)
  • The economic decline of empires (1970)
  • European culture and overseas expansion (1970)
  • Economic History of Europe (1973)
  • Storia economica dell'europa pre-industriale (1974)
  • Clocks and culture, 1300-1700 (1978)
  • The technology of man: A visual history (1980)
  • Fighting the Infeste in Seventeenth Century Italy (1981)
  • The Monetary Policy of Fourteenth Century Florence (1982)
  • Allegro ma non troppo (1988)
  • Le tre rivoluzioni e altri saggi di storia economica e sociale (1988)
  • Tra due culture. Introduzione alla storia economica (1988)
  • Tecnica, società e cultura. Alle origini della supremazia tecnologica dell'Europa ( XIV-XVII secolo ), Il Mulino, Bologna, 1989
  • Miasmi e umori (1989)
  • Il governo della moneta a Firenze e a Milano nei secoli XIV-XVI (1990)
  • Il burocrate e il marinaio. La sanità toscana e le tribolazioni degli inglesi a Livorno nel XVII secolo (1992)
  • Before the Industrial Revolution: European Society and Economy, 1000-1700 (1994)
  • Tre storie extra vaganti, Il Mulino, Bologna, 2003, ISBN 88-15-09585-3 (ed. or. 1994)
  • Conquistadores, pirati, mercatanti. La saga dell'argento spagnuolo (1996)
  • Il linguaggio degli occhi. Racconto storico (1997)