Carles Planas Antolínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carles Planas
Información persoal
Nome Carles Planas Antolínez
Nacemento 4 de marzo de 1991
Lugar de nacemento Sant Celoni
Altura 1.80 m
Posición Defensa
Información de club
Club actual Girona
Carreira xuvenil
1998–2000 Sant Celoni
2000–2010 Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2014 Barcelona B 120 (2)
2012 Barcelona 0 (0)
2014–2017 Celta de Vigo 49 (0)
2017– Girona 0 (0)
Na rede
FIFA: 307002 UEFA: 1906763 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 3 de xuño de 2017.
editar datos en Wikidata ]

Carles Planas Antolínez, nado o 4 de marzo de 1991 en Sant Celoni (Barcelona) é un futbolista catalán que xoga na demarcación de lateral esquerdo para o Girona FC da Liga Santander.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comeza a xogar no PB Sant Celoni e ficha polas categorías inferiores do FC Barcelona aínda estando na categoría alevín. Pasou por tódalas categorías do club catalán ata facerse un habitual no FC Barcelona B, nunha das épocas de maior esplendor deste na Segunda División. En novembro de 2012 debutou co primeiro equipo nun encontro da Copa do Rei ante o Deportivo Alavés, disputando tamén un encontro da Liga de Campións ante o SL Benfica.

En xullo de 2014 fichou polo Celta de Vigo despois de rematar contrato co FC Barcelona[1].

Foi un habitual nas categorías inferiores da Selección de fútbol de España, participando nas eurocopas de 2009 e 2010 coa Sub-19, e as de 2011 e 2013 coa Sub-21, tamén participou no Mundial de 2011 coa Sub-20.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 05 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]