Carles Francino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCarles Francino

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento3 de xaneiro de 1958 Editar o valor em Wikidata (66 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentador de televisión , futbolista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCadena SER (1987, 2005–1990) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Club de Futbol Reus Deportiu Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarles Francino Navarro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1422475 Editar o valor em Wikidata

Carles Francino Murgades, nado en Barcelona o 3 de xaneiro de 1958, é un xornalista catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Iniciou a súa carreira profesional en Radio Tarragona e en 1979 obtivo o seu primeiro traballo fixo en Radio Popular de Reus como redactor de deportes. Posteriormente, incorporouse á delegación en Tarragona da Cadena COPE e en 1987 fichou pola delegación da Cadena SER.

En 1990 fixo os seus primeiros contactos coa televisión ó entrar no primeiro equipo de traballo de Canal+ en Madrid (conduciu a emisión inaugural da canle). Exerceu de subdirector de informativos e presentou o informativo nocturno, Redacción, entre 1990 e 1994.

En 1994 regresou a Cataluña para presentar en TV3 o telexornal das 21 horas -en horario de máxima audiencia. Con Francino "Telenotícies" foi o de máxima audiencia, superando ós informativos das canles estatais, públicas e privadas. O seu rigor valeulle o recoñecemento non só da audiencia senón tamén da crítica e de todo o espectro político. En 1999 recibiu o Premio Ciudad de Barcelona polo seu labor. Ademais de presentar "Telenotícies", foi nos últimos anos, o subdirector de informativos diarios da canle autonómica.

En 2005 fichou pola Cadena SER para substituír a Iñaki Gabilondo á fronte do matinal 'Hoy por hoy'. En 2006 compartiu co propio Gabilondo, con Àngels Barceló e con Jon Sistiaga a dirección e presentación do programa de televisión Cuatro X Cuatro.