Carl Swartz
| Carl Swartz | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| Primeiro Ministro de Suecia | |||
| Período: | 30 de marzo - 19 de outubro de 1917 | ||
| Antecesor: | Hjalmar Hammarskjöld | ||
| Sucesor: | Nils Edén | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 5 de xuño de 1858 | ||
| Lugar: | Norrköping, Suecia | ||
| Falecemento: | 6 de novembro de 1926 | ||
| Lugar: | Estocolmo, Suecia | ||
| Organización: | Nationella partiet | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | Dagmar Lundström | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | |||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | comerciante e político | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Carl Johan Gustaf Swartz, nado en 1858 e finado en 1926, foi un comerciante e político sueco, primeiro ministro de Suecia entre o 30 de marzo e o 19 de outubro de 1917.
Traxectoria [editar]
Era fillo de Erik Swartz, dono dunha fábrica, e da súa esposa Elisabeth Forsgren. Tras completar os seus estudos en Uppsala e Bonn, retornou á súa cidade natal para encargarse dos negocios familiares, a fábrica de tabaco Petter Swartz. Chegou a ter un importante papel na súa localidade, sobre todo culturalmente. Foi presidente da Xunta Directiva de, entre outros, o Banco Central privado sueco entre 1912 e 1917. En 1917 converteuse en reitor universitario.
Como ministro de Finanzas entre 1906 e 1911, estableceu algunhas reformas, que incluían ingresos integrados e taxa á propiedade, que pasaron a ser progresivos. Co amalgamado dos grupos á dereita na cámara baixa do Riksdag, Swartz pasou a ser membro do consello interno do recentemente formado Nationella Partiet (en galego Partido Nacional) en 1912.
Durante a Primeira Guerra Mundial, foi unha figura clave no Riksdag, no seu carácter de Presidente do Comité Permanente de Suplementos entre 1915 e 1917. Co fracaso, debido a presións externas e falta de harmonía interna, do goberno non aliñado partidariamente de Hjalmar Hammarskjöld, o rei Gustavo V convocou ao conservador Swartz para que asumise o cargo de primeiro ministro. Este aceptou a designación, máis por sentido do deber que por desexo persoal de ocupar tal posto. A principal tarefa do novo goberno foi exercer unha influencia tranquilizadora sobre a burguesía, que estaba inqueda, nos días anteriores ao 1 de maio de 1917, polos rumores de que a revolución de febreiro dese ano en Rusia podería estenderse a Estocolmo.
| Primeiro Ministro de Suecia | ||
|---|---|---|
Segue a: Hjalmar Hammarskjöld |
Carl Swartz | Precede a: Nils Edén |
| Nationella partiet | ||