Carl Lampert

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carl Lampert
Nacemento9 de xaneiro de 1894 e 1894
Lugar de nacementoGöfis
Falecemento13 de novembro de 1944 e 1944
Lugar de falecementoHalle (Saale)
Causadecapitación
NacionalidadeAustria
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónsacerdote católico, membro da resistencia e sacerdote
editar datos en Wikidata ]

Carl Lampert, nado en Göfis (Austria) o 9 de xaneiro de 1894 e executado en Halle (Saxonia-Anhalt, Alemaña) o 13 de novembro de 1944, foi un sacerdote católico oposto ao nazismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ordenado sacerdote en 1918, foi un experto en Dereito canónico ata o punto de que se trasladou a Roma, onde traballou como avogado do Tribunal da Rota. En 1935 volveu a Austria, onde amosou a súa distancia con Anschluss. En 1939 foi nomeado provigario da Administración Apostólica de Insbruck Feldkirch.

A súa visión crítica contra o totalitarismo, o racismo e o belicismo nazis eran coñecidas, polo que foi arrestado en varias ocasións e enviado en 1940 ao campo de concentración de Dachau en Baviera por presunta actividade contra o Reich. Sufriu malos tratos e torturas. Estivo tamén no campo de concentración de Stettin.

En 1941 foi desterrado. As súas chamadas telefónicas e a súa correspondencia foron sistematicamente interceptadas. Ao non dar mostras de retractarse, foi imputado por hostilidade contra Alemaña, difusión de informacións inconvenientes e escoita de transmisións inimigas. Con estas acusacións foi arrestado de novo o 4 de febreiro de 1943. Tras tres prolongados procesos, foi finalmente condenado. O 13 de novembro de 1944 morreu decapitado xunto con outros dous sacerdotes: Herbert Simoleit e Fiedrich Lorenz.

Foi beatificado por Bieito XVI.