Caritón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Caritón (Afrodisias, finais do século I-século II) foi un escritor grego, posibelmente o máis antigo dos novelistas gregos. Hai teorías que sitúan este autor a finais do século -I ou principio do século I.

É autor de Aventuras de Quéreas e Calirroe. Esta obra en oito libros narra as peripecias de dous amantes de Siracusa. Presenta xa características que aparecerán en novelas posteriores, como un argumento intrincado e salpicado de referencias históricas, abundancia de detalles que non alteran o percurso narrativo, ausencia de análise psicolóxica, recurso ao patético e uso dos artificios retóricos da linguaxe.