Caridad González Cerviño
Caridad González Cerviño, nada en 1961, é unha política galega do PSdeG-PSOE. É alcaldesa de Muros dende o 11 de xuño de 2011, posto que xa ocupara entre 2004 ata 2007.
[editar] Traxectoria
Caridad González, foi elixida concelleira en Muros o 25 de maio de 2003 polo PSdeG-PSOE, sendo alcalde Celestino Formoso. Trala morte deste en xuño de 2004 foi elixida alcaldesa de Muros e continuou o goberno de coalición entre o PSdeG e o BNG.
O 27 de maio de 2007 foi cabeza de lista do seu partido nas eleccións municipais, sendo este o máis votado e quedando a só un concelleiro da maioría absoluta; pero isto non significou na súa reelección como alcaldesa, xa que o dirixente do BNG, Domingos Dosil, chegou un acordo co PPdG para a súa investidura como alcalde.
Nas eleccións municipais do 22 de maio de 2011 volveu a presentarse á alcaldía polo PSdeG-PSOE conseguindo resultados similares ós de 2007, pero nesta ocasión si puido ser investida alcaldesa, xa que o BNG e o PPdG non uniron os seus votos.
| Predecesor: Celestino Formoso |
alcaldesa de Muros 2004-2007 |
Sucesor: Domingos Dosil Cubelo |
| Predecesor: Domingos Dosil Cubelo |
alcaldesa de Muros 2011- |
Sucesor: no cargo |