Caribe (etnia)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo de muller caribe realizado por Charles E. Taylor (1888).

Os caribes, tamén chamados kalinagos, é unha tribo amerindia, un dos primeiros grupos que habitaron as Antillas Menores e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de América.

A familia lingüística caribe figurou entre as máis importantes de América do Sur, non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de Colombia, Venezuela, e as Güianas, estendéndose cara ao norte das Antillas Menores e outros puntos das Antillas Maiores.

Costumes[editar | editar a fonte]

Os Caribes agrupábanse en clans patrilineales que, aos poucos, nas Antillas, cederon terreo aos matrilineales. Predominaba a exogamia e era frecuente a poligamia, sendo a posición da muller inferior á do home.

Cultivaban millo, iuca, frixoles e froitas tropicais, especialmente nas Güianas e as Antillas. A pesca constituía tamén parte da súa actividade.

As primeiras crónicas descríbenos como un pobo agresivo e practicante do canibalismo.

Expansión[editar | editar a fonte]

A rápida expansión precolombina do pobo caribe foi debida á súa habilidade e coñecementos: eran expertos navegantes e construtores de canoas lixeiras de gran capacidade. Os territorios ocupados estendéronse do norte do Amazonas (carijonas, panares), ata a saia dos Andes, onde destacaron as tribos de yukpas, macoas, chaparros, caratos,

A ampla expansión caribe propiciou o contacto, polo xeral pouco amigable, con tribos arawak e tupíes. A súa violencia levounos a arraban unha guerra coa etnia dos taínos a quen ían vencendo.

A chegada dos europeos[editar | editar a fonte]

Os caribes foron desprazados polos españois, e finalmente foron case exterminados durante o período colonial. Con todo foron capaces de conservar algunhas illas, como San Vicente, Dominica, Santa Lucía e Trinidade. Os caribes negros (Garifuna) de San Vicente que se mesturaron con escravos negros dun naufraxio foron deportados en 1795 á Illa Roatan, en Honduras, onde os seus descendentes, os Garífuna, aínda viven hoxe. Os Británicos viron menos hostís aos caribes de San Vincente, e permitíronlles permanecer nesta illa. A resistencia caribe atrasou o establecemento de europeos en Dominica, e as comunidades Caribe que permaneceron en San Vicente e Dominica, conservaron un grao de autonomía no século XIX. O número de Caribes en Dominica hoxe é aproximadamente 3,000, aínda que xa non queda ningún indíxena que coñeza a súa lingua (a lingua foi dada por morta no ano de 1920).

Varias palabras de orixe caribe engrosaron as linguas que se falan nas Antillas: español, inglés ou francés (en menor grao), por exemplo: furacán, hamaca e iguana, entre outras.