Cariña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha cariña ou emoticona[1] é unha sucesión de caracteres especiais que representan caras humanas e que se emprega en Internet para expresar o estado de animo de quen escribe.

Historia[editar | editar a fonte]

Cando a fins da década de 1970 se popularizaron as BBS entre os especialistas informáticos dos Estados Unidos nos que intercambiaban mensaxes de texto nos que as bromas, chistes ou a retranca non sempre se entendía como tales interpretándose literalmente o texto. Para evitar iso xurdiron formas de transmitir sentimentos polo texto como escribir a palabra joke (broma) ó final dunha frase graciosa para defini-lo seu contexto.

Un enxeñeiro especialista en intelixencia artificial, Scott E. Fahlman, propuxo ós usuarios dunha BBS en 1982 utilizar :-) para expresar un texto en broma e :-( para expresar un texto serio, denominou a esta sucesión de caracteres smileys. Pouco a pouco outros usuarios comezaron a empregalos e fixéronse populares e seguiron cando Internet se fixo algo cotián e pasaron ás mensaxes de texto dos móbiles.

Actualmente desenvolvéronse máis cariñas para expresar diferentes sentimentos, accións ou personaxes e moitas veces aparecen substituídos por auténticas caras ou bonequiños.

Exemplos[editar | editar a fonte]

 :-)                      sorriso 
 :-(                      tristura ou enfado 
 :/                       algo descontento
 :-D                      moi contento
 :-P                      saca-la lingua
 ;-)                      chiscadela
 :-o                      sorpresa
 :-7                      raro
 xD                       risa
 :\/                      boca grande
 (°<                      pac-man
 @:-)                     muller con pelo recollido
 0:-)                     Santo, inocente.
 :-E                      Drácula.
 :*                       bico.
 :@                       carraxe

Cariñas xaponesas[editar | editar a fonte]

:(`ヘ´)                    anoxado
:( ´_ゝ`)                 indiferente

Cariñas gráficas[editar | editar a fonte]

confuso

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emoticona.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]