Carga de afundimento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A carga de afundimento dunha cimentación é a carga aplicada a partir da cal as tensións no terreo superan a capacidade portante do terreo, producíndose un fallo no asentamento ou estabilidade da cimentación que eventualmente pode causar o colapso total ou parcial da estrutura.

Dependendo da rixidez do terreo, este afundimento será lento ou rápido, localizado ou distribuído etc.

Afundimento dunha zapata[editar | editar a fonte]

O afundimento dunha zapata prodúcese cando nalgún punto a tensión máxima sobre o terreo supera a capacidade portante do terreo. Dita tensión máxima depende do momento flector (M) e o esforzo axial (N) existentes na base do piar ao que serve de apoio a zapata. Dita tensión máxima para o caso de flexión non esviada pode calcularse mediante as seguintes fórmulas:


Onde:

é o esforzo axial ou carga vertical sobre a zapata.
é a área da base da zapata.
é a excentricidade da carga vertical.
é o momento flector respecto ao centro da zapata.
é a dimensión linear máxima da zapata.

Cando dita tensión supera certa tensión relacionada coa tensión admisible do terreo prodúcese o afundimento (total ou parcial) da zapata, que pode producir colapso total ou parcial da estrutura que se sustenta sobre a zapata.

Afundimento dunha estaca[editar | editar a fonte]

Unha estaca afúndese no terreo cando se supera a resistencia combinada do estrato inferior de apoio da estaca e dos estratos superiores que producen rozamento sobre a superficie da estaca. Unha fórmula práctica para calcular a carga resistible antes do afundimento é a seguinte:


Onde:

é o coeficiente de rozamento do terreo.
lonxitude do perímetro da sección transversal da estaca, se a estaca é circular
carga existente sobre o terreo, se existe ou se o cepado está a grande profundidade.
, peso específico do terreo (densidade · aceleración da gravidade).
, altura da estaca.
carga de deseño existente sobre a estaca.

A fórmula anterior ignora a resistencia de punta, polo que se a estaca no seu extremo inferior está apoiada por un estrato resistente sería:


Onde:

, sería a área transversal da estaca.
, a tensión admisible sobre o estrato de apoio.

Punzonado dun estrato[editar | editar a fonte]

Para unha cimentación rectangular, de dimensións , a expresión de Hanna predí que haberá punzonamento do estrato superior con afundimento no estrato inferior cando a presión máxima sobre o terreo supere o valor:


Onde:

é a presión sobre o estrato de apoio.
é a presión sobre a superficie do estrato inferior ao de apoio.
, son respectivamente o espesor do estrato de apoio e a profundidade da base da cimentación.
é o coeficiente de pulo lateral.
é o ángulo de rozamento interno do estrato de apoio.