Cárdidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Cardiidae")
Cardiidae
cuncha baleira de berberecho
cuncha baleira de berberecho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Veneroida
Superfamilia: Cardioidea
Familia: Cardiidae
Xéneros

Acanthocardia
Americardia
Cardium
Cerastoderma
Clinocardium
Corculum
Ctenocardia
Dinocardium
Discors
Fragum
Fulvia
Laevicardium
Lophocardiium
Lyrocardium
Lunulicardia
Microcardium
Nemocardium
Papyridea
Parvicardium
Plagiocardium
Ringicardium
Trachycardium
Trigoniocardia
Serripes

Os cárdidos (Cardiidae) son unha familia de moluscos bivalvos da orde Veneroida. As valvas distínguense pola súa simetría, forma acorazonada e as fortes e pronunciadas costelas lonxitudinais. As súas cunchas son comúns en moitas praias do mundo.

Aliméntanse, como tódolos bivalvos, bombeando auga e filtrando plancto. A cuncha do molusco ábrese para permitir a saída dos sifóns (inhalante e exhalante) e do pé, que lles permite enterrarse no substrato, preto da superficie da auga; algunhas especies son capaces de 'saltar' por empuxe do seu pé.

Son predados por diferentes especies de peixes mariños.