Carcacía, Padrón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carcacía
Igrexa parroquial
ConcelloPadrón[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°45′11″N 8°36′32″O / 42.7530555556, -8.60888888889Coordenadas: 42°45′11″N 8°36′32″O / 42.7530555556, -8.60888888889
Área1,5 km²
Poboación785 hab. (2013)
Densidade523,33 hab./km²
Entidades de poboación18[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Carcacía[1] é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Padrón, na comarca do Sar. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 785 habitantes (360 homes e 425 mulleres). Ten unha extensión aproximada de 1,5 km², e por ela pasa o río Ulla.

Foi concello independente entre 1822 e 1834.

Infraestruturas[editar | editar a fonte]

Existen nela ó redor de 20 empresas. Conta cun campo de fútbol, campo de festas, escolas de Infantil e Primaria, unha casa rural, algúns bares e unha praia fluvial. Ten riquezas arquitectónicas, como son a igrexa, os abundantes cruceiros, fontes e muíños. Nela existen varias asociacións de tipo cultural e deportivas, como son o SD Carcacía, Asociación de Mulleres Rurais, a coral da igrexa, a Asociación Cultural San Pedro de Carcacía, e a asociación cultural Carcacía Grupo Activo (CAR.G.A.).

Festas[editar | editar a fonte]

Nesta parroquia celébranse, ademais das festas patronais, o Santo Isidro Labrador, Santo Antonio e a nosa Señora do Rosario.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Carcacía[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Carcacía no concello de Padrón (A Coruña)

Bandín | Berxaos | Casal | Corral | Cruxeiras de Abaixo | Cruxeiras de Arriba | Guimaráns | A Igrexa | Lamas | O Outeiro | Pousada | Rial | Ribadulla | Rumille | Sande | Sinde | Sobrerribas | Xoane

Parroquias de Padrón[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Padrón

Carcacía (San Pedro) | Cruces (Santa María) | Herbón (Santa María) | Iria Flavia (Santa María) | Padrón (Santiago)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]