Carballido, Alfoz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Carballido
Igrexa parroquial de San Sebastián de Carballido
ConcelloAlfoz[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°21′00″N 7°23′00″O / 43.35, -7.38333333Coordenadas: 43°21′00″N 7°23′00″O / 43.35, -7.38333333
Área8,14 km²
Poboación256 hab. (2019)
Densidade31,45 hab./km²
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

San Sebastián de Carballido é unha parroquia do concello de Alfoz. En 2004 tiña 356 habitantes distribuídos en 17 entidades de poboación e un lugar, cunha densidade media de 43'7 hab./km². Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 290 habitantes, sendo 142 homes e 148 mulleres.

Ten unha superficie de 8,14 km². Limita coas parroquias do Castro de Ouro, Adelán, Bacoi e cos concellos de Foz e Mondoñedo. Pertence ao arciprestado do Valadouro.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa parroquial de san Sebastián de Carballido sitúase na aldea de Barbeito. De finais do século XVIII, ten unha soa nave e dúas sancristías situadas a ambos os lados da capela maior. A fachada principal ten porta con arco adintelado, cos extremos curvados e unha inscrición conmemorativa da construción do templo. Tamén ten unha torre-campanario dun só corpo con elementos arquitectónicos característicos do estilo barroco.

O pazo de Allegue está situado no lugar dese nome, nunha zona de prados e arborados. Está na aba dunha montaña formada por grandes masas rochosas, sen vexetación. Disponse no medio dunha leira cerrada por un muro baixo de pedra. Fóra da leira hai un interesante cruceiro e restos dun pombal. Está formado por dous corpos perpendiculares de planta rectangular, nunha delas esta acaroada unha pequena capela. Os muros son de cadeiría nun dos corpos e de mampostos de granito no outro con esquinais, xambas e linteis. As cubertas son de lousa e sobre delas hai dúas chemineas de cantería. É de propiedade privada.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Carballido[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Carballido no concello de Alfoz (Lugo)

A Agueira | Allegue | Barbeito | O Carballal | A Cruz | O Espido | Facelude | A Granda | A Nespereira | A Palloza | Os Penoucos | Piñeirós | As Pontellas | Porto do Río | A Presa | O Pumar | A Rega | Solbeira

Parroquias de Alfoz[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Alfoz

Adelán (Santiago) | Bacoi (Santa María) | Carballido (San Sebastián) | O Castro de Ouro (San Salvador) | Lagoa (San Vicente) | San Pedro de Mor (San Pedro) | As Oiras (San Mamede) | O Pereiro (Santa María) | O Reirado (Santa María)


Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]