Caras y Caretas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caras y Caretas foi un semanario arxentino publicado entre 1898 e 1941.
Fundado por Eustaquio Pellicer, foi moi popular, sobre todo na primeira época. Dirixiuno José Álvarez (Fray Mocho), entre outros. No seu deseño sobresaían as imaxes de gran calidade e nos seus textos combinaba o humor co xornalismo máis serio. Entre os caricaturistas da revista destacou Xosé María Cao Luaces (1862-1918), natural de Cervo, considerado o pai da caricatura arxentina.