Características organolépticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apreciando as tonalidades dun bo viño

As propiedades organolépticas son o conxunto de descricións das características físicas que ten un alimento apreciables mediante os órganos dos sentidos, como por exemplo o seu aspecto, gusto, textura, cheiro e cor. Todas estas sensacións producen ao comelo unha experiencia agradable ou desagradable.

[editar] Algunhas propiedades

Resumo dalgunhas calidades organolépticas:

A apreciación das características organolépticas dos alimentos ten un importante papel á hora da súa elección no momento da compra ou do seu consumo. O aspecto do alimento -normal ou alterado-, o seu cheiro agradable ou desagradable, a presenza de secrecións normais ou anormais, a cor característica ou alterada, etc. son todos eles elementos de xuízo que nos van indica-lo grao de frescura ou alteración dos alimentos. E, como consecuencia, van servirnos para rexeitar aqueles que non presenten as características de frescura propias do alimento.

Hai casos nos que a valoración destes caracteres organolépticos non se corresponde co estado do alimento senón que se trata de cuestións de gusto persoal. Así, o cheiro de certos queixos de pasta azul é un factor de calidade, por desagradable que poida resultar a algúns. A acidez no leite indica unha alteración, pero no iogur é un obxectivo tecnolóxico.

Cando se trata de alimentos frescos, como a carne, peixe, moluscos, verduras, froitas, etc., a determinación do grao de frescura ou alteración baséase precisamente nas características organolépticas que presente, e son elas as que van determina-la súa aptitude para o consumo ou o seu comiso e destrución). Outro tipo de probas posibles, físicas ou químicas, serían tamén posibles pero non se recorre a elas (salvo casos moi particulares, como recursos ante un caso de destrución) por razóns económicas ou porque ofrecen demasiado tarde resultados fiables.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas