Caracol xigante africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caracol xigante africano

En Tailandia.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Superfamilia: Achatinoidea
Familia: Achatinidae
Subfamilia: Achatininae
Xénero: Achatina
Subxénero: Lissachatina
Especie: A. fulica
Nome binomial
'Achatina fulica'
(Férussac, 1821)

O caracol xigante africano (de nome científico Achatina fulica) é un molusco da clase dos gasterópodos, sendo esta especie de caracol terrestre da familia Achatinidae e da orde Pulmonata.

A súa cuncha cónica é de cor marrón ou con pintas de tons marróns claros. Este caracol é nativo do leste e nordeste de África. En España, o caracol xigante africano está incluído no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras desde o ano 2011.

Alimentación[editar | editar a fonte]

O caracol xigante africano é herbívoro (come unha gran variedade de materiais vexetais, froitas e verduras) pero tamén inxire area, pedras pequenas, os ósos dos cadáveres e incluso o formigón como fontes de calcio para a súa concha.[1]

Distribución xeográfica[editar | editar a fonte]

É orixinario da África tropical: a súa distribución natural vai desde zonas tropicais e subtropicais de varios países de África oriental, entre eles Ghana, Serra Leona, Liberia, Costa do Marfil, Togo, Dahomey, Nixeria e Guinea Ecuatorial.

Na actualidade estase a estender por Suramérica (en Venezuela e na cidade de Corrientes, Arxentina [2]), illas do Pacífico e, en xeral, en case tódalas zonas tropicais do mundo.

Características biolóxicas da especie[editar | editar a fonte]

Os adultos da especie poden chegar a medrar a súa concha ata os 18 centímetros de lonxitude e pesar ata 500 gramos. No suroeste do Brasil, chegan a un máximo de 10 centímetros de cuncha e 100 gramos de peso total. Os xoves posúen as mesmas características de cuncha dos adultos.

É unha especie extremadamente prolífica, alcanzando a madureza sexual aos 4 ou 5 meses. A fecundación é mutua, é dicir os individuos son hermafroditas e poden realizar ata cinco postas por ano, podendo chegar a fecundar de 50 a 400 ovos por posta. É activa no inverno, resistente ao frío invernal e aos períodos de seca. Normalmente pasa o día escondido e sae para se alimentar e reproducirse á noite, ou durante e despois das chuvias. A tonalidade do corpo é de cor cinza-escuro e as conchas posúen faixas de coloración variable, de castaño ata algunhas veces chega a ser avermellado. Os ovos son un pouco maiores que unha semente de papaia, e posúen unha cor branca-leitosa ou amarelada.

Vista da abertura da closca
Vista lateral da closca
Vista oposada á abertura da closca

Subespecies[editar | editar a fonte]

  • Achatina fulica hamillei Petit, 1859.[3]
  • Achatina fulica rodatzi Dunker, 1852.
  • Achatina fulica sinistrosa Grateloup, 1840.
  • Achatina fulica umbilicata Nevill, 1879.

Introdución no Brasil e na China[editar | editar a fonte]

Presente en varias partes do planeta, o caracol Achatina fulica foi introducido ilegalmente no Brasil, inicialmente no estado do Paraná na década de dos anos oitenta, como unha alternativa ao caracol (Helix aspersa) por un funcionario da Secretaría de Agricultura.

A segunda introdución tería ocorrido no Porto de Santos por un funcionario a mediados da década dos anos noventa, que montou un heliciario en Praia Grande, no cal promovía cursos de fin de semana. O fracaso dos intentos de comercialización levou ós criadores, por desinformación, a soltar os caracois nos montes. Como se reproduce rapidamente e carece de predadores naturais no Brasil, chegou a ser unha praga agrícola e pódese atopar en case todo o país, ata nas zonas costeiras.[4]

No caso da China está presente desde 1931, por mor do comercio ilegal e mais a introdución accidental.[5]

A Achatina e a saúde pública[editar | editar a fonte]

Este caracol pode transmitir ao ser humano o verme Angiostrongylus cantonensis causante de meninxite, por ser o hospedeiro natural del.[6] Este tipo de meninxite ocorre principalmente en Asia, porén, tense notificado casos en Cuba, Porto Rico e os Estados Unidos. A pesar disto, son baixas as posibilidades de sufrir a meninxite de vivires no Brasil.[4]

Caracol Xigante Africano.

O Achatina tamén transmite o parasito Angiostrongylus costaricensis[6], angiostronxilose abdominal, que ocorre desde o sur dos Estados Unidos de América ata o norte da Arxentina. Raramente a enfermidade evoluciona chegando a ser letal, permanecendo a maior parte das veces asintomaticamente ou comportándose como unha parasitose común. No Brasil esta enfermidade é transmitida por caracois e lesmas endémicas, e non polo xigante africano; na rexión do sur do país encóntrase a maioría dos casos. A pesar de non haber un rexistro de exemplares de A. fulica os adultos naturalmente infectados no Brasil, as larvas pódense infectar a través da inxestión de hortalizas contaminadas co moco deixado polo molusco adulto silvestre ao moverse. Por isto, recoméndase lavar as verduras en auga corrente e despois deixar as mesmas a remollo, bastando colocar unha culler de lixivia por cada litro de auga e deixar os alimentos en remollo durante 15 minutos.[4]

O caracol africano tamén é responsable indirecto da transmisión da Febre amarela e, potencialmente, do dengue. Foi constatado en Tanzania que as cunchas de Achatinas mortas podíanse encher de auga e tornarse nun potencial punto para a proliferación do Aedes aegypti, mosquito transmisor destas enfermidades. En 2001, este mosquito tamén foi encontrado en cunchas de Achatina fulica no estado de São Paulo.[6]

Debido ao seu rápido proceso reprodutivo, tornouse nuncha terrible praga agrícola, alimentándose vorazmente de diversos vexetais para o consumo humano.

O goberno do Brasil, co Ministerio da Agricultura en 2003, foi aprobada unha lei na que se consideraba ilegal a cría de caracois africanos no país, determinando a erradicación da especie e prevendo as respectivas notificacións aos produtores e criadeiros de fauna exótica para fins comerciais sobre a ilegalidade da actividade.[7]

Parasitos[editar | editar a fonte]

Erradicación[editar | editar a fonte]

Para combater o Achatina fulica, primeiro é necesario identificar correctamente o caracol africano para que non haxa calquera confusión coas especies propias do lugar, e posteriormente o exemplar debe de ser collido cunhas luvas ou un ben plástico protector para evitar o contacto directo con el, e debe ser colocado en sal ou cloro sobre o mesmo para que morra; tamén pódese esmagar, e tampouco non se debe de esquecer de destruír os seus ovos no chan cunha vasoira. Cando chove moito nunha rexión infestada, é común observar os caracois subindo polas paredes, sendo, entón, unha boa oportunidade para destruílos. É preciso observar o lugar que foi infestado por eles polo menos durante tres meses para verificar que non haxa reinfestacións. O uso de produtos químicos, pesticidas, non é indicado, pois o produto pode contaminar o chan, a auga e ata as capas freáticas, podendo así, xurdir unha intoxicación dos animais e do ser humano; alén disto, o molusco pode ser resistente a varios pesticidas.[8] A mellor solución é a incineración, que pode ser realizada dentro de calquera recipiente metálico o ben que evitar a a posta dos seus ovos.

Ovos
Eclosión dos ovos
Individuo novo

A cría do Achatina fulica no Brasil foi considerada "de risco". Adaptouse moi ben ás condicións do país dando lugar a xeracións sen control na natureza. Varios criadores soltaron algúns na natureza, xerando unha situación de risco biolóxico pola súa prolificidade. Cando son criados baixo control, non hai riscos para a saúde. Poden ser comidos polo ser humano unha vez cociñados, para evitar riscos de contaminacións patóxenas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. La Vanguardia (17 de xullo de 2014). "Decomisan en Los Angeles un cargamento del peligroso caracol gigante africano" (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2014. El caracol gigante africano es herbívoro (come una gran variedad de material vegetal, frutas y verduras) pero también ingiere arena, piedras pequeñas, los huesos de los cadáveres e incluso el hormigón como fuentes de calcio para su concha. 
  2. SENASA (6 de novembro de 2013). "Monitoreo para detectar a posible presenta do Caracol Xigante Africano en Corrientes" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 8 de novembro de 2013. El Servicio Nacional de Sanidad y Calidad Agroalimentaria (Senasa)[...] realizó el hallazgo de ejemplares de moluscos similares a la especie Achatina fulica en un barrio de la ciudad de Corrientes, en la provincia de Corrientes. 
  3. Rowson, Ben; Warren, Ben; Ngereza, Christine (29 de outubro de 2010). "Terrestrial molluscs of Pemba Island, Zanzibar, Tanzania, and its status as an "oceanic" island". Zookeys 70: 1–39. doi:10.3897/zookeys.70.762. Consultado o 2 de xullo de 2012. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Paulo Aníbal G. Mesquita (6 de maio de 2004). "Achatina fulica, o caracól gigante invasor no BR.". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 17 de xullo de 2014.  blog.
  5. La Vanguardia (17 de xullo de 2014). "Decomisan en Los Angeles un cargamento del peligroso caracol gigante africano" (en castelán). Consultado o 17 de xullo de 2014. Este molusco es originario de África del Este pero ha sido introducido en otras partes del mundo de forma accidental o por comercio ilegal. Desde 1931, por ejemplo, está presente en diversos puntos de la China. 
  6. 6,0 6,1 6,2 PAIVA, Celso do Lago, ed., 1999/ 2003. Achatina fulica: praga agrícola e ameaça à saúde pública no Brasil. Fontes de informação impressas e digitais. 25 de abril de 2004.
  7. Ministério da Agricultura, Pecuária e Abastecimento - Divisão de Vigilância e Controle de Pragas (20 de xaneiro de 2003). "Parecer Técnico DPC/CPP/DDIV - nº003/03" (PDF). Controle e erradicação do molusco exótico Achatina fulica. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de setembro de 2015. Consultado o 17 de xullo de 2014. 
  8. Instituto Ambiental do Paraná. "Medidas de controle Achatina fulica" (PDF) (en portugués). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xullo de 2014. Consultado o 4 de febreiro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • (en inglés) Martinez Escarbassiere, Rafael. e Martinez Moreno, Enrique. 1997. Nota acerca de la Achatina (Lissachatina) fulica (Bowdich, 1111), peligroso caracol africano (Pulmonata Achatinidae) introducido en Venezuela. Acta Biologica Venezuelica, 17(1):37-40.
  • Santana Teles, Horácio Manuel., Faria Vaz, Jorge., Roberto Fontes, Luiz e Domingos, Maria de Fátima. 1997. Registro de Achatina fulica Bowdich, 1822 (Mollusca, Gastropoda) no Brasil: caramujo hospedeiro intermediário da angiostrongilíase.Rev. Saúde Pública, 31(3): São Paulo jun.
  • Carvalho, Omar dos Santos, Teles, Horácio MS, Mot, Ester Maria et al. 2003. Potentiality of Achatina fulica Bowdich, 1822 (Mollusca: Gastropoda) as intermediate host of the Angiostrongylus costaricensis Morera & Céspedes 1971. Rev. Soc. Bras. Med. Trop, 36(6):743-745. Nov./Dec. ISSN 0037-8682.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]