Carístidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Platyberyx opalescens

Os Carístidos (Caristiidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Distribúense por augas profundas dos océanos.

Índice

[editar] Características

O corpo é basicamente cuadrangular, alto e comprimido, cunha cabeza grande, moi alta e con poros mucosos. Escamas pequenas e cicloideas. Poden ter ou non liña lateral.

Presentan unha aleta dorsal alta con ampla base que comeza na cabeza e se estende por todo o dorso, con 2-3 espiñas débiles e o resto con radios brandos segmentados; unha aleta anal cuns 20 radios pero sen espiñas, pectorais cuns 20 radios e pelvianas moi longas que se insiren por diante das pectorales, cunha espiña e 5 radios brandos.

[editar] Clasificación

Divídense en tres xéneros e seis especies:

  • Xénero Caristius (Gill y Smith, 1905)
  • Xénero Paracaristius
  • Xénero Platyberyx (Zugmayer, 1911)

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe a especie: Carístidos
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas