Caránguidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xurelos (Trachurus trachurus

Os Caránguidos (Carangidae) son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas temperadas ou tropicais dos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Características[editar | editar a fonte]

Presentan formas variables pero en xeral son de corpo medianamente alargado e algo comprimido, con escamas débiles, ausentes ou pouco visibles. A liña lateral pode estar cuberta por unha crista de escudetes espiñosos ou aquillados (como, por exemplo, o xurelo).

Posúen dúas aletas dorsais separadas. A primeira é espiñosa e con tendencia a reducirse, ata converterse nalgúns casos en algunhas espiñas illadas; a segunda está formada por radios brandos e é longa e ben desenvolvida, como tamén o está a aleta anal; diante desta, dúas espiñas. As pectorais, usualmente longas e falciformes, e as pelvianas cunha espiña e cinco radios brandos; aleta caudal moi bifurcada.

Son especies depredadoras e viven en augas abertas.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídense en 30 xéneros e unhas 150 especies:

  • Xénero Alectis
  • Xénero Alepes
  • Xénero Atropus
  • Xénero Atule
  • Xénero Campogramma
  • Xénero Carangoides
  • Xénero Caranx
  • Xénero Chloroscombrus
  • Xénero Decapterus
  • Xénero Elagatis
  • Xénero Gnathanodon
  • Xénero Hemicaranx
  • Xénero Lichia
  • Xénero Megalaspis
  • Xénero Naucrates
  • Xénero Oligoplites
  • Xénero Pantolabus
  • Xénero Parastromateus
  • Xénero Parona
  • Xénero Pseudocaranx
  • Xénero Scomberoides
  • Xénero Selar
  • Xénero Selaroides
  • Xénero Selene
  • Xénero Seriola
  • Xénero Seriolina
  • Xénero Trachinotus
  • Xénero Trachurus
  • Xénero Ulua
  • Xénero Uraspis

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caránguidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Caránguidos