Panqueixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Capsella bursa-pastoris»)

Para a flor amarela tamén chamada panqueixo ver o artigo: Cáncaro.

O panqueixo, herba dos dentes[1] ou herba dos montes (Capsella bursa-pastoris) é unha planta herbácea anual da familia das brasicáceas. Planta comestible, consómense en ensalada as súas follas tenras, que son de pequeno tamaño e con forma de corazón. Tamén se utiliza tradicionalmente como planta medicinal pola súa capacidade para controlar as hemorraxias.

Usos[editar | editar a fonte]

Xa en 1542, comentando De materia medica de Dioscórides o doutor médico Andrea Mattioli da Siena recomenda Capsella bursa-pastoris "contra as hemorraxias e perda contiosas de sangue". Na antiga Castela (España) sábese da súa utilización polas mulleres para cortar hemorraxias producidas polo ciclo menstrual.

Aínda que en infusión o seu gusto é moi desagradábel, actualmente, algunhas casas comerciais de medicina naturista utilízana como tratamento sintomático das menorraxias e metrorraxias, cultivándose para este fin.

Coñecida dende a antigüidade, foi moi usada na Idade Media, citada por Dioscórides coma hemostático.

A decocción da planta úsase para tratar afeccións dixestivas (diarrea, disentería), tuberculose, dismenorrea, hipertensión, hematuria hemorraxia, metrorraxia e nefrite.
Por vía tópica e oral aplícase para tratar úlceras, fibromas, tumores e diversas formas de cancro,[2] inflamación e irritación das mucosas; o po das follas enxugadas úsase para secar feridas. A tintura da planta fresca úsase para regular desordes menstruais, cistite, urolitíase e diarreas.

Non se atopan referencias do seu uso en xardinaxe.

Enfermidades[editar | editar a fonte]

Albugo candida atacando a herba dos dentes

Albugo candida parasita a miúdo a herba dos dentes e outras crucíferas. Plasmodiophora brassicae, o axente da hernia da verza tamén parasita a herba dos dentes.[3]

Inflorescencia

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Capsella bursa-pastoris foi descrita por Carl von Linné Medik. e publicado en Pflanzen-Gattungen 85. 1792.[4]

Variedades
Sinonimia
  • Capsella hyrcana Grossh.
  • Capsella gracilis Gren.
  • Capsella polymorpha Cav.
  • Capsella rubella Reut.
  • Thlaspi bursa-pastoris var. microcarpum Loscos in Loscos & J.Pardo
  • Thlaspi bursa-pastoris L.[5]

Basónimo[editar | editar a fonte]

Thlaspi bursa-pastoris L. (recollido por vez primeira en Species Plantarum 1753)

Nomes comúns[editar | editar a fonte]

Os nomes comúns galegos son variados: bolsa de pastor, (bulsa de pastor, bulsa do pastorê), herba dos dentes, pan e queixiño, panqueixo, poutas de zorro etc.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nomes vulgares en galegos preferidos en Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, 2004 e en Vocabulario ortográfico da lingua galega. A Coruña, Real Academia Galega / Instituto da Lingua Galega, 2004
  2. (Hartwell JL.), 1982. Pag.83.
  3. "GEMEINES HIRTENTÄSCHEL (Capsella bursa-pastoris)" (PDF). Univ.-Doz. Dr. Gerhard Bedlan (en alemán). Consultado o 4 de xaneiro de 2020. 
  4. "Panqueixo". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 22 de maio de 2013. 
  5. "Panqueixo". Real Jardín Botánico: Proxecto Anthos. Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2015. Consultado o 27 de novembro de 2009. 
  6. "Dicionario de dicionarios". sli.uvigo.es. Consultado o 2020-01-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • CONABIO. 2009. Catálogo taxonómico de especies de México. 1. In Capital Nat. México. CONABIO, Mexico City.
  • Davidse, G., M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera. 2013. Saururaceae a Zygophyllaceae. 2(3): ined. In G. Davidse, M. Sousa Sánchez, S. Knapp & F. Chiang Cabrera (eds.) Fl. Mesoamer.. Universidad Nacional Autónoma de México, México.
  • Flora of China Editorial Committee. 2001. Flora of China (Brassicaceae through Saxifragaceae). 8: 1–506. In C. Y. Wu, P. H. Raven & D. Y. Hong (eds.) Fl. China. Science Press & Missouri Botanical Garden Press, Beijing & St. Louis.
  • Flora of North America Editorial Committee, e. 2010. Magnoliophyta: Salicaceae to Brassicaceae. Fl. N. Amer. 7: i–xxii, 1–797.
  • Forzza, R. C. 2010. Lista de espécies Flora do Brasil https://web.archive.org/web/20100526002559/http://floradobrasil.jbrj.gov.br/2010/. Jardim Botânico do Rio de Janeiro, Rio de Janeiro.
  • Holmgren, N. H., P. K. Holmgren & A.J. Cronquist. 2005. Vascular plants of the intermountain west, U.S.A., subclass Dilleniidae. 2(B): 1–488. In A.J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J.L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., Nova York.
  • Kearney, T. H. & R. H. Peebles. 1960. Arizona Fl. (ed. 2) 1032 pp.
  • Luteyn, J. L. 1999. Páramos, a checklist of plant diversity, geographical distribution, and botanical literature. Mem. New York Bot. Gard. 84: viii–xv, 1–278.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Nee, M. H. 2008. Dilleniidae. 3: 1–255. In M. H. Nee Fl. Reg. Parque Nac. Amboró Bolivia. Fundación Amigos de la Naturaleza, Santa Cruz.
  • Warwick, S. I., A. Francis & I. A. Al-Shehbaz. 2006. Brassicaceae: Species checklist and database on CD-Rom. Pl. Syst. Evol. 259: 249–258.
  • Zuloaga, F. O., O. N. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107: 3 Vols., 3348 p.