Caproni Ca.310

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caproni Ca.310 Libeccio
Tipo Bombardeiro e recoñecemento
Fabricante Caproni
Retirado 1948
Construídos 1.600

O Caproni-Bergamaschi Ca.310 Libeccio (vento do suroeste) foi un bombardeiro lixeiro e avión de recoñecemento italiano da Segunda Guerra Mundial. Produciuse paralelamente ao Ca.309, co que compartía célula, pero tiña mellores motores e tren de aterraxe retractil que melloraban as súas prestacións. Voou por primeira vez en febreiro de 1937 e fabricáronse uns 1.600 exemplares.

Estreouse en combate na Guerra Civil Española, e tomou parte nas primairas faces da Segunda Guerra Mundial en Libia. Algúns foron usados en grupos de ataque como reemprazo temporal do insatisfactorio Breda Ba.65. O derradeiro Ca.310 foi retirado fa Forza Aérea Italiana en 1948.

Deseño[editar | editar a fonte]

O Ca.310 deseñouse como un avión de recoñecemento/bombardeiro monoplano de á baixa, sendo esencialmente unha versión do semi-militar Ca.309 con tren de aterraxe e mellores motores. A fuxelaxe era de tubos de aceiros soldados cubertos por paneis de aliaxe lixeira e tela, mentres que a zona de cola era de madeira con recubrimento de contrachapado nas zonas fixas e tela nas superficies de control. Sobre a fuselaxe había unha torreta dorsal operada manualmente armada cunha metralladora de calibre 7,7 mm Breda-SAFAT.