Caproni Ca.309

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caproni Ca.309 Ghibli
Tipo Bombardeiro lixeiro
Fabricante Caproni
Retirado 1948
Construídos 243

O Caproni-Bergamaschi Ca.309 Ghibli (vento do deserto) foi un bombardeiro lixeiro italiano da Segunda Guerra Mundial. Desenvolveuse a partir do transporte lixeiro Ca.308 Borea (vento do norte). Antes da guerra estivo destinado a tarefas de policía no norte de África. Cando foron quedando obsoletos foron usados como transportes lixeiros e avións de comunicacións.

Fabricouse paralelamente ao Caproni Ca.310, co que compartía a célula, pero este último tiña mellores motores e tren de aterraxe retractil, co cal as súas prestacións eran superiores.