Caproni-Reggiane Re.2000

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reggiane Re.2000 Falco I
Re.2000 sueco
Tipocaza
FabricanteReggiane
Introducido1940
Retiradoxullo de 1945 (Suecia)
Unidades construídas186

O Reggiane Re.2000 Falco I foi un caza italiano da segunda guerra mundial. Voou por primeira vez en 1939 como competidor do MC.200. Este último foi elixido pola Regia Aeronautica, pero o Re.2000 entrou en produción para a exportación. Entregáronse en total 157 avións e os usuarios máis importantes foron Hungría con 70 e Suecia con 60 aparatos.