Caprifoliáceas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caprifoliáceas

Cadrifollo de xardín (Lonicera caprifolium)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Dipsacales
Familia: Caprifoliaceae
Xéneros

Véase texto

Sinonimia
  • Diervillaceae Pyck
  • Dipsacaceae Juss., nom. cons.
  • Linnaeaceae Backlund
  • Loniceraceae Vest
  • Morinaceae Raf.
  • Valerianaceae Batsch, nom. cons.[1]

As caprifoliáceas[2] (Caprifoliaceae) son unha familia de plantas dicotiledóneas arbustivas, de follas opostas, flores hermafroditas e froito en drupa ou baga, pertencente á orde Dipsacales.[3] A esta familia pertencen rubideiras como o cadrifollo e todas as demais madreselvas, por isto tamén se coñece como a familia das madreselvas. Este clado agrupa unhas 380 especies, en 10 xéneros, cunha extensa área de distribución; centros de diversidade atópanse no Leste de América do Norte e Leste de Asia, mentres que se atopan ausentes no África tropical e no Sur deste continente.

Descrición[editar | editar a fonte]

Estas plantas son na súa maioría arbustos e parras, raramente herbas, incluíndo algunhas plantas ornamentais de xardín en rexións tépedas. As follas son maiormente opostas sen estípulas, e poden ser ou perennifolios ou caducifolios. As flores son tubulares con forma de funil ou semellantes a campás, normalmente con cinco lobos voltos cara a fóra, e case sempre con recendo. Normalmente forman un pequeno cáliz de brácteas miúdas. O froito é na maioría dos casos unha baga ou unha drupa. Os xéneros, Diervilla e Weigela, teñen froitos en cápsula.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

(cun número aproximado de especies).

A maior parte do debate sobre a taxonomía deste grupo quedou liquidado.

A taxonomía evolutiva deste grupo inclúe

Diervilloideae

Heptacodioideae

Caprifolioideae

Linnaeoideae

Morinoideae

Dipsacoideae

Triplostegioideae

Valerianoideae

Non durarán durante moito tempo incluídas en Caprifoliaceae

(consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Alseuosmiaceae)

(consideradas por algúns autores como pertencentes a unha familia á parte Adoxaceae /Carlemanniaceae)

Usos[editar | editar a fonte]

As plantas pertencentes a esta familia son normalmente plantas ornamentais rubideiras, arbustos moi populares nos xardíns, especialmente Lonicera. Unhas poucas chegaron a ser plantas invasoras fóra das súas áreas nativas de distribución (tal como é o caso de Lonicera japonica). 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN) [Base de Datos en Línea]. National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/family.pl?211 Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (22 de outubro de 2013)
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caprifoliáceas.
  3. «An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III.» (pdf).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]